Eleccións de membros dos Consellos Escolares
Informamos de que nestas datas se inicia o proceso para a RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR.
Este curso toca renovar:
- 1 representante de pais/nais.
- 1 representante das mestras.
Datas marcadas pola Xunta Electoral, de interese para as familias, que poderedes votar ao representante de nais/pais:
Venres 16 de outubro, celebrouse na sala do profesorado o sorteo para a constitución da Xunta Electoral. Nomeouse un titular e un suplente en cada sector (nais/pais, mestras e PAS). Dende ese día está exposto no taboleiro do centro o censo electoral das familias.
Do luns 26 de outubro ao luns 9 de novembro estará aberto o prazo para a admisión de candidaturas de nais e pais, que teredes que notificar ao cole.
Martes 10 de novembro anunciaranse as candidaturas e haberá 2 días para posibles reclamacións. Realizarase o sorteo para a elección da mesa electoral de nais e pais (4 membros e 4 suplentes) ás 15:30h.
Martes 24 de novembro realizarase a votación dos pais e nais na entrada do centro en horario de 9:00 a 9:30h, e de 16:00 a 16:30h.
Martes 1 de decembro, constitución do novo Consello Escolar.
Antes do 16 de decembro remitirase a documentación á Xefatura Territorial.
O proceso levarase a cabo cumprindo sempre con todas as medidas hixiénico-sanitarias e de seguridade. Esperamos contar coa vosa participación.
Ao final de esta entrada atoparedes adxunta a normativa que regula o proceso. Calquera pregunta que teñades non dubidedes en poñervos en contacto con nós.
Anexo | Tamaño |
---|---|
Decreto_92_1988.pdf | 25.64 KB |
Consello escolar 2020.pdf | 663.21 KB |
Solicitude candidatura.pdf | 164.17 KB |