VISITA DO IES AGUAS VIVAS

Na viaxe que fixemos a Madrid para recoller o premio da Fundación Triodos, tivemos a oportunidade de coñecer a centros de toda España que están a traballar nos seus propios Hortos Educativos.

De entre todos eles, co IES Aguas Vivas, en Guadalajara, acordamos ter unha colaboración máis estreita. Os rapaces que estudan neste centro teñen idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos, e nós, dende a nosa Escola de Educación Infantil estamos a colaborar con eles... da etapa educativa máis temperá aos cursos máis altos!!

Farán a súa viaxe de fin de curso a Galicia, en concreto a Moaña. Xa estamos desexando que chegue o mes de xuño para telos aquí connosco!!

Xuntos, faremos distintas actividades como repoboar o monte ou limpar a praia. Pero tamén virán a visitar o noso cole.

Eles xa están quentando motores ao igual que nós. Compartimos un vídeo interesantísimo sobre o traballo tan inspirador que están a realizar de concienciación sobre o coidado do medioambiente....

Comeza a aventura!!!

https://youtu.be/BRL2bwVlCVk

Sesión formativa sobre a relación familia-escola

A Conselleríade Cultura, Educación e Ordenación Universitara invita ás familias a asistir a unha formación titulada Educación a debate, que consta de varias sesións sobre distintos temas.

O próximo xoves, 12 de abril, en horario de 18:00 a 20:00, no IES Politécnico de Vigo (Torrecedeira, 88, 36202, Vigo ) terá lugar unha mesa redonda sobre "Relacións familia-escola"

 <!--break--

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2018/2019

4º EDUCACIÓN INFANTIL


1. Álvarez Conde, Leire

2. Belfiore De Virgilio, Giulia

3. Fernández Álvarez, Sía

4. Fernández Fernández, Hugo

5. Figueroa Fernández, Gala

6. García Santiago, Claudia

7. Gómez Pastoriza, Lucía

8. Pérez Collazo, Iago

9. Pérez Otero, Álex

10. Souto Hernández, Martín

11. Veiga Pena, Pedro

 

5º EDUCACIÓN INFANTIL


 1. Álvarez Conde, Nora

Charla alimentación saudable

ENDERMAR, a empresa de cátering que serve a comida na nosa escola, convida a tódalas familias a unha charla sobre alimentación saudable.

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2018/2019

O prazo para presentar as solicitudes de admisión para o curso 2018/2919 será do 1 ao 20 de marzo. O modelo do impreso ED550B atópase ao final desta entrada en anexo adxunto.

 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN


   https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20111221/AnuncioC3F1-151211-9847_es.pdf

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20121226/AnuncioG0164-171212-0001_es.pdf

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130315/AnuncioG0164-120313-0006_es.pdf

 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170201/AnuncioG0164-260117-0001_es.pdf

 

OFERTA DE VACANTES NA EEI DE VERDUCEDO PARA O CURSO 2018/19


 

Conectando co medioambiente

Hoxe queremos compartir con vós unha nova reportaxe que publica a Voz de Galicia sobre hortos educativos ecolóxicos, incluído o do noso cole.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2018/02/26/huertos-educativos-ecologicos-formula-conectar-medio-ambiente/0003_201802G26P24991.htm

Iniciativas a prol da coeducación

A Consellería de Educacióninvita ás familias a asistir a unha formación titulada Educación a debate, que consta de vaias sesións sobre distintos temas.

O próximo mércores, 28 de febreiro, en horario de 18:00 a 20:00, no IES Politécnico de Vigo (Torrecedeira, 88, 36202, Vigo ) terá lugar unha mesa redonda sobre "Iniciativas a prol da coeducación" na que participarán varias expertas en educación en igualdade.

San Blas pinta de verde Moaña

A nosa escola está a colaborar cun colexio de Salamanca, o CEIP San Blas, en prol da reforestación dos nosos montes.

Dende a escola enviámoslles landras que recollimos no patio para que as planten e nos envíen as pequenas árbores que crezan de cada unha delas.

Esta semana tiveron a visita de voluntarios da Universidade, que lles deron unha pequena charla motivadora sobre ecoloxía e reforestación. Tamén os visitou un membro do corpo de Bombeiros que lles falou dos incendios, en concreto dos que asolaron Galicia o ano pasado.

A continuación comezaron a plantar coa colaboración dos alumnos de ASPACE... só queda esperar!

Cando teñamos aquí as árbores que nos envíen iremos a plantalas ao monte coa axuda da Comunidade de Montes de Moaña, manterémosvos informados!!

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=568287270188917&id=208012889549692&__tn__=%2As%2As-R

https://elhuertodelsanblas.blogspot.com.es/2018/02/visita-de-los-voluntarios-de-la-oficina.html?m=1

Distribuir contido

Back to top