Renovación do patio da escola
Este curso, o patio da nosa escola está case irrecoñecible!
Comezamos o curso cunha grata sorpresa por parte da Comunidade de Montes de Moaña, que tanto nos coidan: a instalación no patio duns troncos para que os nenos xoguen, deixen voar a súa imaxinación experimentando coas diferentes posibilidades e desenvolvan a súa motricidade, coordinación e equilibrio.
Igual que fan sempre, os traballadores do Concello no dubidaron en poñerse mans á obra cando lles pedimos un diseño un tanto peculiar. O resultado é espectacular, os nenos e nenas están encantados!
Outra novidade son os xogos que a ANPA do cole pintou no patio, parece outro! Cheo de cor e de posibilidades para que os nenos e nenas xoguen e desenvolvan as súas destrezas motrices. Hai de todo: laberintos, circuítos, xogos tradicionais como as 4 esquinas ou a mariola, e ata un xogo que lles permite traballar en espello copiando os movementos do que dirixe.
Por último, Amelia e Estevo, que xa non están no cole, donaron ao cole un tobogán e unha casita espectaculares. Estamos encantadxs , é do máis divertido xogar neles.
A todos, moitísimas gracias pola vosa colaboración!!
<!--break-->