Entenza

Teatro de marionetas

O teatro tamén é arte, así en Entenza realizamos as nosas propias marionetas de abelliñas con calcetíns, tras o cal realizamos o noso pequeno teatro. Que ben o pasamos coas nosas marionetas, gozando así do teatro.

                                 

 

LA PAREJA DE ENAMORADOS

"LA PAREJA DE ENAMORADOS"

Posando coa nosa escultura

En Entenza temos madeira de artistas, pois logramos reproducir a escultura de Miró "Personnage", e que ben nos quedou, para demostralo quixemos posar con ela. Parécese bastante... ou non? xulgade vos mesmos.

 

Estamos de aniversario

¡Estamos de aniversario! Enzo cumpre 5 anos, e a súa familia viu a celebrar o seu aniversario con nós dun xeito moi especial, xa que nos trouxo unha receita de arte culinario, aprobeitando que estamos a traballar a arte. A receita era un osiño de chocolate, que ben o pasamos e que rica estaba a receita!

Grazas a Enzo e a súa familia por compartir con nós unha receita tan divertida e saborosa.

Se queres desfrutar do vídeo do cumpreanos de Enzo, preme na imaxe.Canso

Lectura en familia

Para conmemorar a Semana do libro, a familia de Xoán asistiu a nosa clase para compartir con nós un momento de lectura, para o cal nos trouxo un libro moi divertido co que non paramos de rir "Benxamín".

Grazas á familia de Xoán por compartir con nós o seu conto.

Lectura en familia

Seguimos conmemorando a Semana do libro, e nesta ocasión a familia de Sabela asistiu a nosa clase para compartir con nós un momento de lectura, para o cal nos trouxo un libro moi divertido co que non paramos de rir "A estraña visita".

Grazas á familia de Sabela por compartir con nós o seu conto.

 

Roteiro literario

Con motivo da conmemoración da Semana do libro, realizamos un roteiro literario polo bosque encantado, onde para entrar precisas de pos máxicos que che da Alicia do país das marabillas, e a partir de ahí... todo pode acontecer neste bosque cheo de maxia e literatura, onde as personaxes dos contos, xa non só viven nos libros e na nosa imaxinación, senón que os puidemos ver... que ben o pasamos!!! 

   

                                                              

 

Estamos de aniversario

¡Estamos de aniversario! Hugo cumpre 4 anos, e a súa familia viu a celebrar o seu aniversario con nós dun xeito moi especial, xa que nos trouxo unha receita de arte culinario, aprobeitando que estamos a traballar a arte. A receita eran unhas galletas con chispitas de cores, que ben o pasamos e que rica estaba a receita!

Grazas a Hugo e a súa familia por compartir con nós unha receita tan divertida e saborosa.

Se queres desfrutar do vídeo do cumpreanos de Hugo, preme na imaxe.Canso

Estamos de aniversario

¡Estamos de aniversario! Carlota cumpre 6 anos, e a súa familia viu a celebrar o seu aniversario con nós dun xeito moi especial, xa que nos trouxo unha receita de arte culinario, aprobeitando que estamos a traballar a arte. A receita era un gatiño feito con nocilla e lacasitos,que ben o pasamos e que rica estaba a receita!

Grazas a Carlota e a súa familia por compartir con nós unha receita tan divertida e saborosa.

Se queres desfrutar do vídeo do cumpreanos de Carlota, preme na imaxe.Canso

Merendas ao sol

Comeza o bo tempo, o sol, a primavera... o que invita a que merendemos de picnic no patio mentres desfrutamos dun sol estupendo. Encántannos merendar ao sol!!


Distribuir contido

Back to top