Entenza

OS NOSOS TRABALLOS

Moitas grazas  Noa, Ana, Nerea e Mateo polas vosas fotos!!!

Moito ánimo, estádelo facendo moi ben!!!

Moitos bicos para tod@s!!!

 

 

 

 

 

 

 

3º TRIMESTRE. ACTIVIDADE 4

 Ola familias:

Que tal estades? Déixovos de novo unhas  propostas para estes días.

Ademais infórmovos da proposta do equipo da biblioteca para conmemorar o “Día do libro” (tedes esta proposta no documento adxunto  e tamén está publicada na páxina principal da web do centro).

Anímovos a participar, é moi sinxelo, soamente tedes que enviar unha foto d@s nen@s co seu conto favorito ao seguinte enderezo bibliotecarainaaragonta@gmail.com  antes do 30 de abril. Eu xa enviei a miña foto.

Ánimo que Caselín (a mascota da biblioteca) está esperando a vosa foto.

Un saúdo

 

 

OS NOSOS TRABALLOS

Moitas grazas polas vosas fotos Nerea e Mateo!!!

Mándovos unha aperta moi forte!!!

 

  

 

3º TRIMESTRE. ACTIVIDADE 3

Bos días familias:

Xa estamos de volta e déixovos unhas novas propostas para estes días.

Ademais tamén vos informo (para que o compartades cos vos@s fill@s) que neste 3º trimestre temos un novo alumno na aula de Entenza, ao cal dámoslle unha calorosa benvida (sentimos moito que sexa desta forma). Esperamos que moi pronto podamos volver á aula para coñecerte e compartir moitas experiencias contigo.

Benvido á nosa aula Iker!!!!!! Mándoche unha aperta moi forte de parte de todos @s alumn@s de Entenza e temos moitas ganas de coñecerte.

Un saúdo

OS NOSOS TRABALLOS

Moitas grazas Lois e Ana polas vosas fotos.

Estádelo facendo moi ben!!!!!

Mándovos unha aperta moi forte!!!!

3º TRIMESTRE. ACTIVIDADE 2

Bos días familias:

Achégovos unhas novas propostas para estes días.

Ademais coméntovos que na páxina principal da web do centro podedes atopar dous vídeos. Un vídeo que fixemos o profesorado do CRA Raíña Aragonta para transmitir moito ánimo aos nen@s, e outro vídeo froito do traballo de todas as aulas do CRA titulado "Viaxe polo mar". Anímovos a que vexades os vídeos.

Unha aperta para todos e moitas grazas polos vosos comentarios.

 

OS NOSOS TRABALLOS

Moitas grazas Mateo e Nerea polas vosas fotos.

Estádelo facendo xenial!!!!

Moito ánimo e continuar así!!

 

3° TRIMESTRE. ACTIVIDADE 1

Bos días familias:

Xa estamos de volta das vacacións, desexo que gozásedes delas a pesar de ser diferentes a outros anos.

Como aínda non recibimos novas instrucións, imos continuar coa rutina escolar, como xa o estábamos facendo. 

Déixovos uns documentos adxuntos con actividades para llevar a cabo estes días. 

Un saúdo.

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA O VENRES 3 DE ABRIL

Bos días familias:

Déixovos uns documentos con propostas de actividades para gozar en familia. 

Moito ánimo que xa nos queda menos e gozar destes días de Pascua.

Felices pascuas a todos!!!!!

 

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 1 E O XOVES 2 DE ABRIL

Bos días familias:

Moitísimas grazas polos vosos comentarios. Eu tamén estou  desexando que isto remate pronto e así poder volver canto antes á aula cos peques. Mándolles unha forte aperta e un bico enorme.

Moito ánimo, e déixovos nos arquivos adxuntos algunhas propostas de actividades para estes días.

Un saúdo.

Distribuir contido

Back to top