DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

PROGRAMACION DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA CURSO ESCOLAR 2023/24

PROGRAMACIÓN DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA PARA O CURSO 2023-2024

(prema nos documentos adxuntos)

RECOMPILACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024

 O pasado 17 de maio foi o Día das Letras Galegas e a autora homenaxeada foi LUISA VILLALTA. Dende o EDLG, achegamos ao profesorado unha serie de propostas respecto desta escritora para levar a cabo nas aulas.  Así pois, aquí lles deixamos unha pequena recompilación do que fixemos coa cativada para conmemorar a esta grande escritora galega. Moitas gracias ao profesorado pola súa participación e... esperamos que desfruten da montaxe !!!

 

 

REVISTA BADALADAS 2023-2024

REMATA O CURSO E TEMOS UNHA NOVA EDICIÓN DA REVISTA BADALADAS

ONDE  CADA AULA E ESPECIALIDADE MOSTRA UN POUCO O QUE FIXO AO LONGO DO CURSO.

ESTE ANO ADEMAIS, TEMOS UNHA SORPRESA CUNHA NOVA PROTAGONISTA, ARA. 

 

 

Semana das LETRAS GALEGAS

Boas familias! Como sabedes, durante a semana do 13-17 de maio celebramos no cole a Semana das Letras Galegas. Ademais de homenaxear a Luísa Villalta, escritora, filóloga e violinista galega, estivemos xogando cos máis pequenos e pequenas a xogos tradicionais galegos durante as sesións de Educación Física. 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do gozado

 

LETRAS GALEGAS 2024: LUISA VILLALTA

ParaconmemoraroDíadasLetrasGalegas(17demaio),oEquipodeDinamizaciónda Lingua Galega achegámosvos diversa información, recursos e enlaces para traballar sobre a autora homenaxeada nesta ocasión, LUISA VILLALTA GÓMEZ, contribuíndo a que o alumnado se achegue a súa vida e obra. En calquera caso, cada titor/a poderá escoller a/as proposta/as que resulte/n do seu interese para traballar na aula.

Así mesmo, pedímosvos que, por favor, nos mandedes algunhas fotos do que, sobre a autora homenaxeada, fagades nas aulas.Podedes envialas por whatsapp e/ou ao noso correo:aragontanormalizacion@gmail.com

 

Adatalímiteparaquenolasmandedesseráo venres24demaio/2024.

 

  

                 

INFORMACIÓN E RECURSOS QUE VOS ACHEGAMOS:

-VÍDEO-CONTO SOBRE A SÚA VIDA E OBRA, con voces de nenos (aprox. 5 min.):

       https://youtu.be/tibCLMZkmZc

-Enlace a un GENIALLY (extraído da web do CEIP Isaac Peral, contacun índice que permite acceder a unha recompilación moi variada e completa de diferentes recursos respecto a autora, incluídos xogos online e outros materiais fotocopiables). 

https://view.genial.ly/65d7a94b7bb6220014dbd3d8/presentation-letras-galegas-2024-luisa-villalta

-LibrodosBolechas:LUISA VILLALTA(vaiadxunto, nunpdf)

- 3U.D.doSeminarioGalánrespectodaautora(para3,4e5anos, respectivamente),van adxuntas en arquivos pdf.

-IMAXES/DEBUXOS para empregar (vanadxuntos, nunpdf).

------------------------------------------------------

Por outra banda, a mestra especialista de E. F., encargarase de levar a cabo nas súas sesións unha Recompilación de xogos populares de Galicia e que, posteriormente, quedarán a disposición de quen o precise.- 

---EDLG---

LETRAS GALEGAS 2024: ACTIVIDADES CULTURAIS DO CONCELLO DE SALCEDA

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo de Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos informarlles das actividades culturais do noso Concello relacionadas coa conmemoración das LETRAS GALEGAS. Esperamos que lles resulten de interese:

ACTIVIDADES CULTURAIS QUE LLES PODEN INTERESAR :

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo de Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos informarlles dunha das actividades culturais que se están levando a cabo baixo o nome “ESCOLA DE FAMILIAS”, proposta polos Concellos de Salceda de Caselas e de Salvaterra de Miño. Esperamos que lle resulte de interese:

MÁIS ACTIVIDADES CULTURAIS QUE LLES PODEN INTERESAR :

Dende o Equipo de Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos informarlles de máis actividades culturais para facer nos meses de abril e maio, propostas polo Concello de Tui. Esperamos que lles resulten de interese:   

       

ACTIVIDADES CULTURAIS QUE LLES PODEN INTERESAR:

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo de Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos informarlles das actividades culturais para facer en abril. Esperamos que lles resulten de interese:

Propostas Día de Rosalía de Castro

O pasado 23 de febreiro foi o Día de Rosalía de Castro e, dende o EDLG, achegamos unha serie de propostas para levar a cabo nas aulas. Así pois, logo de recibirmos as imaxes e/ou vídeos do profesorado, aquí lles deixamos unha pequena recompilación do que fixemos para conmemorar a esta grande poetisa galega.  Moitas gracias ao profesorado pola súa participación e... esperamos que desfruten da montaxe !!!
Distribuir contido

Back to top