Entroido na Picoña

 

Boas familias!!

 

Outro mes que xa case se nos vai, e con el vaise o Entroido tamén aínda que nos dea mágoa. Pero por aquí, estamos ben satisfeitos do moitísimo que o desfrutamos.

 

Xa comezando polo gran baúl de disfraces que conseguimos con toda a vosa colaboración. Encantounos, e aínda nos segue encantando... non vos extrañe que tarden un pouco as cousas en volver á casa.

 

    

 

Pero sen dúbida, o máis divertido que nos pasou nestas datas, foi que por fin nos visitaron os compis e as compas de Barreiro. Estabamos desexando recibir a súa visita. E non vexades o ben que nolo montamos!!!!

 

Fixemos filloas...

 

      

 

 

Tamén estivemos decorando as nosas propias caras, e non vexades o artistas que estamos feitos e feitas!!

 

      

 

E para rematar un día tan xenial, non vexades menuda sorpresa que nos tiñan preparadas as profes!!

   

 

E por último, os chicos e chicas de Barreiro, xunto coa súa profe, nos trouxeron un regalo. A ver se pronto, todo sae ben e vos podemos desvelar que son... jijiji

 

 

 

Queremos darlle moitísimas grazas a todas as profes que nos axudaron nun día tan intenso: Sara, Patri, Lara...

 

E bueno... vai sendo hora de despedirnos... pero non sen ensinarvos o guapíiiiisimo que iamos no desfile, por se alguén non o puido ver.

 

 

 

Pero tamén temos que comunicar unha triste noticia... a profe Lara tivo que volver ao seu cole de maiores, e xa non está connosco no cole... Profe Lara eres xenial!! Estrañarémoste moitísimo!! Volve pronto!!!

 

 

Comentarios

Enviar un comentario novo

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
5 + 1 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top