DÍA NACIONAL DA ATENCION TEMPERÁ

16 de xuño de 2021

Día nacional da atención temperá.

 

Dende o Departamento de Orientación do CRA Raíña Aragonta queremos felicitar ao concello de Salceda de Caselas pola posta en marcha así como garantir a continuidade do servizo de atención temperá (SAT) que tantos beneficios está a aportar aos nenos/as de 0 a 6 anos do concello de Salceda de Caselas.

 

Agardamos que este servizo teña a continuidade necesaria para que os/as nenos/as con trastornos do desenvolvemento ou con risco de padecelos poidan ter acceso a un servizo público, local e especializado como ata o de agora está a acontecer.

 

O noso máis sincero agradecemento ás/aos profesionais que alí traballan.

 

 

 

Back to top