VEÑA, SEGUIMOS

Ola cativas e cativos, que tal? como estades? Veña, que hoxe é mércores e non queda case nada para rematar o cole. Acordarvos de ir visitar as especialidades de hoxe e mañá: a profe Ana, a profe Laura en atención educativa e a teacher Noelia.

Hoxe tamén ía ser un día moi especial na escola de Barreiro, xa que celebrariamos o derradeiro aniversario do curso. E quen é a homenaxeada? Siii, Samara está de aniversario, así que xa sabedes a facerlle o seu fermoso agasallo.

E como non podería ser doutro xeito, aquí deixo esta fermosa canción para ti. Que cumplas moitos máis!!!

Entón hoxe ía ser un día diferente na nosa escola, así que a miña proposta de hoxe tamén vai ser diferente. Seguro que nestes días a levariamos a cabo no cole...pero como non pode ser, vos convido a que a fagades na casa.

Non esquezades escribir a vosa receita no recetario, volo deixo en arquivos adxuntos.

E agora que xa somos grandes cociñeiros, vos deixo aquí un vídeo dos nosos amigos, Telmo e Tula, facendo un riquísimo xeado de vainilla. Espero que vos guste. 

E como non podía ser doutro xeito, xa que facemos un xeado tan saudable pois lle acompaña unha canción saudable...

Agora si, unha aperta que voa da profe Marta.

AdxuntoTamaño
receta.jpg27.08 KB

Comentarios

Enviar un comentario novo

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
9 + 10 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top