Responder ó comentario

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2022/23:

 

Moi bo día a todos e todas!

Dende o Equipo e Dinamización da lingua galega (EDLG) queremos darlles unha cariñosa benvida a este novo curso, cheo de moitas novidades e sorpresas, no que teremos o pracer de acompañalos.

Neste espazo achegarémoslles ás novidades e ás actividades culturais da contorna próxima; proporémoslles curtas, textos, imaxes, etc. Dito de outro modo, facilitarémoslles aqueles recursos que consideremos de interese para fomentar o uso da nosa lingua galega na nosa comunidade educativa.

Agardamos que nos visiten e que desfruten das nosas propostas. En calquera caso, tamén estamos abertos a recibir as súas achegas e/ou comentarios na seguinte dirección:

aragontanormalizacion@gmail.com

Moitas grazas de antemán pola súa colaboración e… unha grande aperta!

 

Responder

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
14 + 4 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top