Maio 2024

CONTACONTOS CEP ALTAMIRA

O pasado xoves 25 de abril tivemos unha actividade moi especial nas aulas de Esfarrapada. As voluntarias da biblioteca escolar do CEP Altamira acudiron ao noso cole a dramatizar uns contos para o noso alumnado.

As aulas de 4º de EI disfruraton do conto "Monstruo rosa" e os de 5º e 6º "El niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa".

Moitas grazas as nenas que organizaron, prepararon e dramatizaron estes contos, con toda a súa ilusión, para nós e as compañeiras do Equipo da Biblioteca escolar do CEP Altamira.

 

ROTEIRO LITERARIO 2024

O día 23 de Abril conmemórase o Día do Libro, para tal ocasión a ANPA As Landras organizou un roteiro literario baseado nos debuxos do Xabarín CRA. Foron dúas xornadas que o alumnado disfrutou moitísimo, atopando no camiño diferentes personaxes de debuxos e axudándoos nas probas que nos tiñan preparadas.

 Grazas as nais e pais da ANPA que fixeron posible esta actividade tan divertida.

 Neste vídeo tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos

 O Equipo da Biblioteca Escolar

 

Back to top