Abril 2024

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR (RECOMENDACIÓNS DE LECTURA)

Os libros son unha ferramenta didáctica imprescindible para desenvolver a empatía nos nenos e nenas. Teñen o poder de abrir a mente e tocar o corazón dos nenos, ao tempo que os educan en valores para evitar o acoso escolar. Os libros presentan tramas e personaxes cos que te podes identificar, aprender a recoñecer diferentes tipos de acoso e saber loitar contra estas situacións.

A continuación deixámosvos algunhas das nosas recomendacións de lectura.

DÍA DA LITERATURA INFANTIL

Para conmemorar o día da literatura infantil escollemos o conto "Non é unha caixa" de Antoinette Portis, no que o protagonista descubriranos como unha caixa pode chegar a ser todo o que permita a nosa imaxinación.

Esperamos que vos gusteSorriso

Día da saúde - 7 de abril

7 de abril - Día da saúde

O próximo 7 de abril celébrase o día mundial da saúde. O tema deste ano é "A miña saúde o meu direito". Dende o cole propómosvos celebralo facendo unha receita moi saudable e fácil. 

 

 

Back to top