Febreiro 2023

SOÑANDO CON NOVAS AVENTURAS

A biblioteca de aula é un lugar de encontro, un recuncho literario que tamén educa na responsabilidade de coidar e manter os recursos dispoñibles. Ademais, favorece o desenvolvemento das habilidades comunicativas, esperta no alumnado o interese pola aprendizaxe, facilita a igualdade de oportunidades e favorece as situacións de aprendizaxe.

 

Neste curso, o alumnado das parroquias, están a gozar ao máximo destes novos espazos e de todos os recursos que cada mes chegan dende a biblioteca central. Encántalles pasar o seu tempo libre ollando contos e compartindo experiencias literarias cos seus compañeiros e compañeiras.

 

MES DE FEBREIRO, MES DA NENA E DA MULLER NA CIENCIA

FEDELLA E FERVELLA ESTÁN DE VOLTA!

CHEGOU O MES DE FEBREIRO E CON EL UNHA CONMEMORACIÓN MOI ESPECIAL: O MES DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA. PARA FESTEXALO, FEDELLA, FERVELLA E AS SÚAS AMIGAS ESTÁN DE VOLTA CON NOVOS EXPERIMENTOS! VOS ANIMADES A FACELOS? E QUE... FEBREIRO TAMÉN É TEMPO DE ENTROIDO E O DISFRAZ DE CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS VOS QUEDARÁ XENIAL! AQUÍ TEDES O SEU VÍDEO. 

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA SAN VALENTÍN

Cada 14 de febreiro celébrase SAN VALENTÍN, é o día do amor e da amizade.

Con motivo desta celebración recompilamos diversas contos para educar no amor e na amizade.

 

HORA DE LER

No mes de febreiro elaboramos un novo itinerario lector para a “Hora de ler”. Nel incluímos os últimos fondos bibliográficos adquiridos na biblioteca.

Agardamos que o noso alumnado goce destas novas lecturas.

 

CREANDO SÍMBOLOS DE PAZ

Back to top