A biblioteca de aula é un lugar de encontro, un recuncho literario que tamén educa na responsabilidade de coidar e manter os recursos dispoñibles. Ademais, favorece o desenvolvemento das habilidades comunicativas, esperta no alumnado o interese pola aprendizaxe, facilita a igualdade de oportunidades e favorece as situacións de aprendizaxe.
Neste curso, o alumnado das parroquias, están a gozar ao máximo destes novos espazos e de todos os recursos que cada mes chegan dende a biblioteca central. Encántalles pasar o seu tempo libre ollando contos e compartindo experiencias literarias cos seus compañeiros e compañeiras.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
SOÑANDO CON NOVAS AVENTURAS.mp4 | 13.25 MB |
Enviar un comentario novo