Maio 2018
DESPARASITANDO
Posted Maio 15th, 2018 by profeNeste xogo, os alumnos terán dous roles: uns farán de cans cheos de pulgas (pinzas) e os outros, sos donos encargados de desparasitalos. todos os nenos pasarán polos dous roles.
- %count lecturas
CONVÍRTOME EN....
Posted Maio 15th, 2018 by profeOs nenos e nenas, colócanse nun círculo pasándose un balón xigante. O encargado de facer o pase ten que dicir o nome dun animal e o resto, ten que poñerse na postura e facer o son (se o saben) característico do animal proposto.
- %count lecturas
COMO SE MOVEN?
Posted Maio 15th, 2018 by profeÍmonos a convertir nun montón de animais. Os nenos e nenas deberán desprazarse como os animais que se vaian propoñendo, tanto pola mestra coma por eles mesmos.
- %count lecturas
CANCIÓN DE ANIMAIS
Posted Maio 15th, 2018 by profePoño diferentes cancións de animais, e o alumnado debe cantalas e dirixir o escornabot, pola plantilla onde están os animais; relacionando o animal coa canción escoitada.
- %count lecturas
SONS DE ANIMAIS
Posted Maio 15th, 2018 by profePoño diferentes sons de animais, e o alumnado debe identificar o seu nome e dirixir o escornabot, pola plantilla onde están os animais, cara o son que escoitou.
- %count lecturas