Abril 2022
-
TEATRO DE SOMBRAS
Posted Abril 30th, 2022 by profe1O teatro de sombras é considerado un dos mellores recursos educativos que podemos traballar cos nenos e nenas na escola.
Algúns dos beneficios que podemos conseguir traballando esta actividade cos nenos/as son:
- Potenciar a creatividade.
- Desenvolvemento das habilidades plásticas.
- Traballo en equipo.
- Potenciar as súas calidades.
- Desenvolvemento da educación emocional.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
-
CONTO VIAXEIRO "CASELÍN DÁ A VOLTA AO MUNDO"
Posted Abril 21st, 2022 by profe1Hoxe remata a Semana do libro e celebrámolo amosándovos o conto viaxeiro que fixemos en colaboración co alumnado voluntario da biblioteca de 5ºA do CEP Altamira.
Queremos agradecer a este alumnado o excelente traballo realizado creando o conto e poñendo as súas voces na narración do mesmo.
Así mesmo, felicitar aos nenos e nenas do CRA Raíña Aragonta polas súas orixinais e fermosas ilustracións.
Grazas ao esforzo colectivo, conseguimos un conto marabilloso.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
-
SEMANA DO LIBRO
Posted Abril 18th, 2022 by profe1Estes días estamos a celebrar a “Semana do Libro” e para conmemorar esta data tan especial preparamos un reto cada día.
Velaquí tedes o primeiro reto.
Xa podedes comezar!!!!!
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
-
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL (RECOMENDACIÓNS DE LECTURA)
Posted Abril 3rd, 2022 by profe1Para festexar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, os nenos e nenas do CRA Raíña Aragonta (5 anos B) elaboraron un vídeo onde nos propoñen unha serie de recomendacións lectoras.
Esperamos que vos gusten.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas