Skip to Content

Berdillo

Imaxe de Monica

CUMPLE MANU

O domingo Manu fixo 4 anos e onte celebrámolo na escola cunha festiña.

MOITAS FELICIDADES PIRULO!

 


Imaxe de Monica

NOVA TEMÁTICA

Como sabedes este trimestretraballaremos sobre os DINOSAUROS. Xurdiron na aula diversos temas dos que querían investigar, levámolos a votación e os enormes largartos terribles foron os que máis votos acadaron. Os outros temas propostos polos peques foron: vehículos, animais de África, o mar e os insectos.

Comezamos escribindo unha notiña ás familias para pedirlles colaboración.

A aula xa se empeza a encher de cousas relacionadas coa temática.

Moitas grazas a todos!

 

Imaxe de Monica

BOLAS DE HIDROGEL

Esta semana a profe Amelia trouxonos unhas boliñas pequenas e duras. Díxonos que tíñamos que metelas en auga para que ocurrise algo. Pero, que creedes que pode ocurrir?

- Javi: "Van a cambiar a auga"

- Teo: "Se derriten as bolas e cambia de cor a auga".

- Noa F.: "o mesmo que Teo"

- Xabi: "Non sei".

- Valeria: "A auga cambia de cor e as bolas van a desaparecer"

- Silvia: "Cambia de cor a auga".

- Darío: "Cambian de cor as bolas".

-Izan: "As bolas desapareceran"

- Hugo: "Que a auga cambia de cor".

- Adri: "As pinturas das bolas mezclaránse"

- Bruno: "Crecen as bolas"

Ao día seguinte vimos que as bolas creceran e agora eran blandiñas. Aproveitaremos as bolas para realizar actividades de relaxación, de trasvase de sólidos, de lectoescritura...

Grazas Amelia!

Imaxe de Monica

COUSIÑAS DO NADAL

Aquí tedes outra publicación pendente. Durante o mes de decembro elaboramos na escola cousiñas relacionadas coa festa que tanto emocina aos peques O NADAL.

- Decoramos a entrada da escola cunha árbore: cada neno/a pensou un desexo que "escribiu" nunha estrela dorada. 

- Elaboramos un Reno para adornar as árbores das nosas casas.

- Fixemos unha postal que enviamos as nosas familias por correo.

- Escribímoslle a carta Os Reis Magos para darllas o día do festival.

 

 



Imaxe de Monica

COMO SOMOS?

Tiña como publicación pendente o traballo que levamos a cabo no primeiro trimestre sobre O NOSO CORPO. Deixovos unha recompilación de fotos e o dosier que explica as cousas que fixemos relacionadas co tema.

 



 
Distribuir contido


by Dr. Radut