Skip to Content

Berdillo

Imaxe de Monica

ANTÓN O BIBLIOTECARIO

O can Antón, de profesión Blibliotecario é a mascota da Biblioteca do CRA.

 

Este ano para promover o gusto polos contos e a lectura agasalla a cada neno/a coa caía do seu primeiro dente un miniconto.

O noso amigo Leo foi o primeiro afortunado.

 

Imaxe de Monica

GALICIA CHORA

Os acontecementos fixeron que aparcaramos a programación do día e falaramos do que estaba a acontecer en Galicia. As súas emocións ao falar do tema e ver fotos da paisaxe galega fixo que das súas boquitas saíran palabras como: pena, medo, xustiza, tristeza...

 



Imaxe de Monica

SAÍDA A BALDAIO

Aquí tedes as fotos que fixemos na excursión a Baldaio coa colaboración da Asociación Senda Nova co obxectivo de coñecer e disfrutar do medio natural.

Mirade que ben o pasamos:

 



Imaxe de Monica

OBRADOIROS DE GRAFISMO

Durante este curso realizamos obradoiros de grafismo co obxectivo de traballar a grafomotricidade dunha forma lúdica e motivadora e cuns obxectivos concretos: conceptos básicos, nocións espaciais, rectas, curvas, puntos...

No que vai de curso realizamos tres sesións ainda que non sacamos apenas fotos. Na próxima sesión captaremos o momento para que poidades vela:

 

Imaxe de Monica

PROPOSTAS DE XOGO

Cada luns preséntaselles aos nenos/as unha serie de xogos nas diferentes zonas da aula aos que poderán acudir ao longo da semana na rutina diaria denominada "Espacios". 

Son eles os que deciden a que xogar e con quen pero sempre cumplindo unas normas básicas: realizar o xogo segundo as explicacións dadas, acabar o xogo que comezamos, deixalo da mesma maneira que o atopamos para que o seguinte neno/a poida realizalo... Se éstas non se cumpren o xogo retírase o que queda de semana. 

Este tipo de propostas promoven a autonomía e a responsabilidade no seu proceso de aprendizaxe, a busqueda de estratexias e q toma de decisións, a resolución de problemas coa axuda dos compis e da mestra, a creatividade, a imaxinación...

Deixovos un exemplo dalgunha das propostas: 

 



 
Así é como interactuamos nelas. Son un exemplo das que levamos a cabo nas diferentes semanas que levamos de curso.
 
 


 
Distribuir contido


by Dr. Radut