Onte e hoxe estivemos falando de todas esas mulleres (mamis, tías, avoas, veciñas...) que temos ao noso redor e teñen superpoderes. Eles mesmos dicían, superpoderes para coidalos, para facerlles a comida, para xogar, para deixalos durmir na súa casa, para facerlles un biscoito... Cada un escolleu a unha e falou dela, explicounos porque era a súa supermuller!!!
Quixemos agradecerlles todo iso cun relagiño: unha medalla e un retrato.
Ademáis, para completar o día coñecimos a unha PALEONTÓLOGA, MARY ANNING, muller destacada entre outras cousas por ser a primeira que atopou un fósil enteiro dun ictosaurio sendo unha nena de 12 anos. Aproveitamos para buscar información nos libros da biblioteca sobre este réptil mariño e aprender curiosidades del.
COMENTARIOS
hai 3 anos 38 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 6 anos 22 semanas