Skip to Content

O CRA Ponte da Pedra

Imaxe de teresa

PASEANDO POLO CONCELLO DE CARBALLO

No día de onte, abandonamos por un momento as escolas para percorrer varios espacios do concello de Carballo. Comezamos polo Museo de Bergantiños onde amablemente as súas guías nos explicaron a cultura, a historia e os costumes da nosa comarca.

Despois da visita ao mercado, merendamos nas súas dependencias nun lugar habilitado para iso. Unha vez rematado a parva, fomos camiñando ata o río Anllóns no seu paso polo San Martiño acompañados dun policía local.

Fixemos un anaco do paseo do Anllóns, prestando atención á flora e fauna do río: patos, zapateiros, acivros, ameneiros, carballos,...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Imaxe de teresa

COLABORACIÓN CO C.E.I.P. SAN LUÍS ROMERO

IDENTIFICACIÓNS EXCURSIÓNS

 

Este curso decidimos utilizar outro sistema de identificación para as excursións. Usaremos chapas enganchadas na nosa roupa co logo e nome do C.R.A. e o seu número de teléfono. 

Desde logo,facer as chapas non sería posible sen a colaboración do C.E.I.P. Xesús San Luís Romero.

O noso agradecemento por emprestarnos a máquina montadora de chapas e por aprendernos a usala.

O dito di: "Para mostra, un botón"... No noso caso: "Para mostra, unha CHAPA"...

 

Xa falta menos para poder estrenalas...

 

Imaxe de teresa

DE VOLTA ÁS AULAS...

BENVIDAS E BENVIDOS...

 

En breve, rematarán as vacacións de verán e as escolas volverán a encherse das algarabías das nenas e nenos que lles dan vida.

Lembrarvos que a actividade lectiva comezará o 11 de setembro no horario habitual do centro de 9:00 a 14:00.

Nestes días previos ao comezo das clases, desde o claustro do CRA, estamos traballando para darlle forma a este novo curso coa ilusión posta no noso alumnado e nas súas familias.

A desfrutar destes últimos días de vacacións!!

 

 

Educar es lo mismo
que poner un motor a una barca…
Hay que medir, pensar, equilibrar…
y poner todo en marcha.

 

Pero para eso,
uno tiene que llevar en el alma
un poco de marino…
un poco de pirata…
un poco de poeta…
y un kilo y medio de paciencia concentrada.

 

Pero es consolador soñar,
mientras uno trabaja,
que ese barco, ese niño,
irá muy lejos por el agua.

 

Soñar que ese navío
llevará nuestra carga de palabras
hacia puertos distantes, hacia islas lejanas.

 

Soñar que, cuando un día
esté durmiendo nuestra propia barca,
en barcos nuevos seguirá
nuestra bandera enarbolada.

GABRIEL CELAYA

 

 

Imaxe de teresa

FIN DUNHA FERMOSA ETAPA...

AGRADECEMENTO

Hoxe remata o curso lectivo 2018/2019 no C.R.A. Ponte da Pedra e con el, finaliza unha etapa de nada máis e nada menos que 4 anos:

4 anos dun proxecto de dirección que, con moito esforzo e paixón, puxo en valor todas e cada unha das nosas escolas.

Así, hoxe e sempre, o noso máis sincero agradecemento ao noso exdirector Jesús: a túa calidade profesional e humana deixa unha fonda pegada no C.R.A. e en todas e todos os que tivemos a sorte de camiñar ao teu carón.

Gracias, tamén, a todas as mestras e mestres polo seu excelente traballo e implicación ao longo destes anos; especialmente, ás compañeiras Amelia e Ana. Moita sorte na vosa nova andaina.

BO VERÁN!!

Imaxe de Jesus

Día das mestras e dos mestres.

O 27 de novembro é o día das mestras e dos mestres, e por extensión do ensino.

Este ano, Javier Rivas, o Director do CRA e Oroso foi seleccionado pola RTVG como representantes do profesorado.

Convídovos á escoitalo.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut