Skip to Content

O CRA Ponte da Pedra

Imaxe de teresa

CRUZ VERMELLA

TALLER CRUZ VERMELLA

A Cruz Vermella achegouse ás escolas do C.R.A. para realizar un taller sobre os xogos e os xoguetes.

Ao longo do xoves e o venres, Eva e Mónica foron as voluntarias encargadas de traernos a reflexión sobre os nosos xoguetes: se hai xoguetes de nenas e nenos, cales son os nosos xoguetes preferidos, se nos gusta xogar solos ou con outros nenos,...

Despois de falar un pouco, fixemos unha dinámica na que unicamente tiñamos para xogar o noso propio corpo e a nosa imaxinación.

Tamén elaboramos un pequeno xoguete cunha folla de papel para divertirnos soprando.

Moitas gracias a Eva e a Mónica polo seu traballo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Imaxe de Beatriz

Agradecemento á Fundación Barrié

Esta semana comezamos coa formación de profesorado na nosa sede. O luns contamos con Chema Mesías que nos ensinou a provocar aprendizaxes a través da arte e o martes foi o turno de Patricia, mestra do CEIP Fogar, que nos axudou a entender como se xestiona Erasmus +. Grazas á Fundación Barrié agora contamos con dous canóns que fan que a formación na sede sexa un éxito, así que desde aquí queremos agradecerlles o apoio e a axuda que nos prestaron.

Moitas grazas.

 

 

Imaxe de teresa

MAGOSTO 2019

O mércores 30 de outubro celebramos o magosto. Como é costume nos últimos anos, a xuntanza fixémola na escola de Cances onde, ademais de merendar castañas asadas,organizamos diferentes xogos.

Foi unha xornada chea de diversión e movemento. 

 

Imaxe de teresa

MAGOSTO 2019

 

MAGOSTO EN CANCES.

O vindeiro mércores 30 de outubro celebraremos o magosto na escola de Cances.

Este curso o horario será o habitual de 9 a 14.

O alumnado será traladado desde as súas respectivas escolas ata a escola de Cances en bus. Ás 14h as familias recollerán ás nenas e nenos nesa escola.

Esta actividade estará condicionada polo tempo meteorolóxico. Avisarase no caso de ter que ser aprazada.

Moitas gracias ás familias pola súa colaboración!

 

 

 

Imaxe de Beatriz

XORNADA " VENCELLO ERASMUS"

O pasado venres 11,as mestras Teresa Rodríguez e Beatriz Castro representaron ao CRA Ponte da Pedra no encontro organizado polo CAFI “ Vencello Erasmus”. O encontro serviu para difundir o noso proxecto Erasmus + e para establecer alianzas con outros centros que traballan empregando as mesmas metodoloxías. Esperamos que este novo camiño de formación e apertura sirva para mellorar a calidade educativa do noso centro e poñer á escola rural no lugar que se merece.

Grazas a todos e a todas por formar parte deste proxecto.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut