Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

O CRA Ponte da Pedra

Imaxe de teresa

FELICITACIÓNS DE NADAL

Cos nosos mellores desexos....

Felices Festas e Próspero Aninovo 2020!!!

 

 

Imaxe de teresa

ENCONTRO INTERXERACIONAL

Como ven sendo habitual nos últimos anos, as escolas de Cances, Xoane e Sísamo visitaron o xeriátrico. Alí presentamos en primicia as actuacións do festival de Nadal.

Ademais, aproveitando o traballo realizado no 25N, con aqueles retazos de telas das mulleres máis importantes na vida das nenas e nenos, fixemos unhas mantas que lles agasallamos aos nosos maiores.

Agradecer ao centro DOMUSVI a colaboración e a marabillosa recepción coa que sempre nos acollen. Agardamos poder seguir cooperando nestes encontros interxeracionais favorecendo actividades tan fermosas e emotivas coma estas.

 

 

 

 

 

Imaxe de teresa

FESTIVAL DE NADAL

Como todos os anos, rematamos o primeiro trimestre celebrando o noso festival de Nadal no Pazo da Cultura. 

É un día de moitas emocións e nervios, porque logo de moito esforzo e ensaios diarios, poñemos en escea a nosa actuación. 

A continuación, ides comprobar o traballo fascinante das artistas e dos artistas que integran o C.R.A. Ponte da Pedra.

O noso máis sincero agradecemento ás familias que facedes posible que esta actividade se poida levar a cabo.

GRACIAS!!!

Para rematar, desde o claustro do C.R.A. Ponte da Pedra, desexarvos unhas felices festas e un próspero aninovo 2020!!

(Nota: o inicio das clases será o vindeiro 8 de xaneiro.)

Agora desfrutade do espectáculo...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Imaxe de teresa

CRUZ VERMELLA

TALLER CRUZ VERMELLA

A Cruz Vermella achegouse ás escolas do C.R.A. para realizar un taller sobre os xogos e os xoguetes.

Ao longo do xoves e o venres, Eva e Mónica foron as voluntarias encargadas de traernos a reflexión sobre os nosos xoguetes: se hai xoguetes de nenas e nenos, cales son os nosos xoguetes preferidos, se nos gusta xogar solos ou con outros nenos,...

Despois de falar un pouco, fixemos unha dinámica na que unicamente tiñamos para xogar o noso propio corpo e a nosa imaxinación.

Tamén elaboramos un pequeno xoguete cunha folla de papel para divertirnos soprando.

Moitas gracias a Eva e a Mónica polo seu traballo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Imaxe de Beatriz

Agradecemento á Fundación Barrié

Esta semana comezamos coa formación de profesorado na nosa sede. O luns contamos con Chema Mesías que nos ensinou a provocar aprendizaxes a través da arte e o martes foi o turno de Patricia, mestra do CEIP Fogar, que nos axudou a entender como se xestiona Erasmus +. Grazas á Fundación Barrié agora contamos con dous canóns que fan que a formación na sede sexa un éxito, así que desde aquí queremos agradecerlles o apoio e a axuda que nos prestaron.

Moitas grazas.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut