Ola a todos e todas!
Agora que deu comezo o segundo trimestre gustaríame empregar este blog para mostrarvos algunhas das actividades que levamos a cabo na aula. Para comezar déixovos a imaxe do noso mural da Paz, que con tanto esforzo e agarimo estivemos a elaborar estes días. Debatimos sobre o que significaba para nós a paz e aprendimos que a palabra paz pode escribirse en moitos e variados idiomas: castelán, inglés, francés, alemán, japonés, árabe, italiano... De feito, sorprendeunos que algúns idiomas empregan outro tipo de letras! Así o plasmamos no mural e tamén descubrimos como é o símbolo da paz. A algúns recordáballes a un volante.
Tamén aproveito para agradecer a vosa participación cos debuxos que fixestes na casa que xa están expostos na aula. Son todos moi bonitos.
Moitos bicos!
COMENTARIOS
hai 3 anos 37 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 6 anos 22 semanas