Skip to Content

Mirón

Imaxe de Jacqueline

MURAL PRIMAVERA

Nestas últimas semanas estivemos rematando o noso mural da primavera. Entre unhas cousas e outras levounos máis tempo do agardado, pero o resultado foi fantástico. Fixémolo entre todos/as deixando a pegada das nosas mans na nosa peculiar árbore de cores, pintamos flores e decoramos as letras da primavera con lunares feitos cos nosos dedos. Gustounos moito como nos quedou! Agardamos que a vós tamén vos guste. Como non podían saír todos/as nas fotos fixemos unha pequena selección.

 

E antes de rematar quería facervos partícipes do debate que xurdiu uns días atrás tras ler o segundo conto do programa de Educación Responsable. "La gran pregunta" (Wolf Erlbruch) fíxonos a seguinte pregunta "¿Por qué estás aquí?". Cada un dos seus personaxes vai dando respostas, destacando o que para eles é importante e ao final tocoulles responder aos pequenos/as. Comprendimos, así, que non existe unha única resposta válida, pois o fundamental é o que para cada un de nós é importante. Esa é a resposta.

Jacqueline: ¿Y tú, por qué estás aquí? 

Pedro: para poder verte a ti.

Sara: para trabajar.

Enrique: para estar en el cole.

Pedro: para jugar.

Sergio: para aprender.

Sandra: para pintar el árbol.

Tomás: para leer un cuento.

Germán: ¡para embarcar!

Jacqueline: ¿para embarcar? Pero... ¿en el cole embarcamos? ¿Nos subimos en algún barco en el cole?

Sandra: a lo mejor dice el barco de juguete.

Jacqueline: bueno, con el de juguete.

Leo: para pintar.

Pablo: para aprender a leer.

Tana: para hacer maravillosos dibujos.

Iván: para aprender.

Hugo: para facer dibujos.

Germán: para esperar.

Tana: para estar con las maravillosas profes.

 

Ao final, todos temos a resposta.

Bicos!

 

 

Imaxe de Jacqueline

O MAGO DA PALABRA

Esta foi unha semana emocionante, pois coa chegada ao cole despois duns días de descanso atopamos unha carta na asemblea. Despois de meditar uns segundos, moitos xa pensaron no Mago da palabra e... efectivamente, a carta pertencía ao noso amigo Gonzalo. Nela contounos que seguía viaxando coa súa maleta repleta de contos e coñecendo a outros nenos/as como os de Mirón. Tamén quixo agradecernos que lle puxéramos un nome tan bonito e por iso deixounos uns agasallos. Ademais, díxonos que pronto volvería a vernos e, así foi, pois enviounos un video ao ordenador contándonos un conto que nos encantou: A cebra Camila.

E como onte o encargado foi Lucas, tivo a sorte de abrir el os agasallos que nos deixou Gonzalo como agradecemento: un barco pirata e unha ambulancia de Mickey Mouse. Todos/as quedaron encantados con esta sorpresa.

Moitas gracias mago Gonzalo!

Déixovos os enlaces dos vídeos do mago que xa vimos na aula:

Capítulo 1

https://www.youtube.com/watch?v=Hc-Emb069og

Capítulo 2

https://www.youtube.com/watch?v=7LtgYb1-Rug

 Un bico.

Imaxe de Jacqueline

MESA DE LUZ

Hoxe tivemos unha sorpresa na aula. Nada mais chegar os pequenos/as xa se percataron de que había algo novo. Ao principio xurdiron moitas dúbidas, pero finalmente descubriron que tiñamos unha MESA DE LUZ!  Pero que é unha mesa de luz? Posi nada mellor que xogar con ela para sabelo!

Trátase dun recurso moi interesante, pois permite traballar infinidade de aspectos de forma lúdica:  lecto-escritura, lóxica-matemática, arte, creatividade, coñecemento de sí mesmo…

Hoxe non tivemos tempo para disfrutar da mesa como é debido, pero seguiremos na vindeira semana antes de mandarlla aos nenos/as da escola de Rega, cos que imos compartir a mesa de luz.

 

Un bico!

Imaxe de Jacqueline

CARTA DO MAGO

Hoxe tamén lle escribimos unha carta ao Mago da Palabra. Este mago mandounos unha carta hai uns días falándonos do divertido e interesante que pode chegar a ser sumerxirse nas historias dos contos. Ademais, tamén nos deixou un vídeo para presentarse fisicamente e no que nos contou o conto do "Coelliño branco". Este vídeo tivo moito éxito, de feito xa o vimos varias veces.

Ademais, tamén nos encargou que lle puxéramos un nome entre todos/as porque hai tanto tempo que lle chaman "o mago da palabra" que xa non recorda o seu nome. Despois de pensalo durante uns días, hoxe debatimos e comezamos a pensar posibles nomes para o mago. A verdade é que xurdiron moitos, asi que tivemos que votar para saber cal elexir. Finalmente, o nome gañador foi o de "Gonzalo".

Unha vez decidido, pensamos entre todos/as que lle podíamos poñer na carta e pouquiño a pouco saíron boas ideas. Por último, os nenos/as máis maiores foron os encargados de escribir a carta pronunciando as palabras para ir descubrindo que letras había que escribir. E para que a carta quedase aínda máis bonita decidiron decorala con cores e taladradoras de formas. Quedou moi chula!

Pero hoxe tamén foi un día de novidades, pois os nenos/as puideron xogar cun novo xogo que chegou ao cole e que causou moita expectación: o xogo do carpinteiro ou de ferramentas, como eles lle chaman. Non cabe dúbida que o éxito deste xogo foi inmenso.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes.

Bicos!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut