Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Blogues

Imaxe de Jesus

Xoane. Periodo de Adaptación 2014-15

Un curso novo comezae en Xoane temos unha alumna nova de 2 aniños e un alumno de 5 anos.

Comezamos o curso co periodo de adaptación, que tal e como a lei nos indica e de pouco mais dunha semana.

A todas luces este curso semella que fo insuficiente e non por que a nova alumna tivera excesivas dificulades para adaptarse á nova situación, o novo entorno, os novos compañeiros e compañeiras e os nvos profesores, se non que este curso lles resultou dificil incluso a alumnos escolarizados con anterioridade e que xa supoñamos adaptados.

En realidade e ainda que os mestres os mimemos e os compañeiros e compañeiras poñan todo da súa parte os alumnos acaban cansos tras 5 horas na escola, pero pouco a pouco va adaptandose e creo que a dia de hoxe xa conseguimos que non teñan excesivos problemas por deixar a papa e a mama.

E para tranquilizar a algun papa, mama e abos, e que vexan que unha vez producida a separación os nenos e nenas disfrutan na escola xogando cos compañeiros e compañeiras deixo aqui unha poucas imaxes.

 

 

Imaxe de Jesus

Fin de curso. Día do deporte

Hoxe como remate de curso celebramos o día do deporte con multiples deportes para todas as idades.

Tódolos nenos e nenas participaron con gran ilusión.

Tanto esforzo merecía unha gran recompensa a cal veu da man da merenda, onde disfrutamos de sandias e mazas, as cales estaban fresquísimas e  boíiiisimas.

Por último fixemos entrega dos premios de "Contos en familia", e despedímonos desexándolles o mellor aos alumnos e alumnas que se van do noso CRA.

Moi boas vacacións a todos e todas.

Imaxe de Jesus

Excursión Fin de Curso

Este luns 16 de xuño fumos de excursión de final de curos ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, onde o seu director Ricardo Pérez y Verdes e os seus monitores axudantes nos amosaron o museo e disfrutamos xogando como xogaban os abós e as aboas.

Foi unha visita moi ilustrativa e sobre todo práctica, na que disfrutamos con xogos e vimos xoguetes que non precisaban nin pilas , nin electricidade, se non unha mistura de ilusión, e relación social.

Con posterioridade fumos á escola unitaria de Gontade, onde gustosamente nos prestaron as súas instalacións para facer unha comida campestre.

E para rematar o día, fumos visitar a fervenza de Sampaio, onde disfrutamos dunha maravillosa andaina a carón do rio e ao fresco das árbores.

 

 

 

Imaxe de Pili

Botarémosvos de menos... seguide así de Felices!!!

Despois de veros con caras ledas, de asombro, sorpresa, entusiasmadas, divertidas... sabemos que os botaremos de menos. Pero seguro que ides a ser igual ou máis felices.... Non nos olvidedes...

Imaxe de Jesus

Nos Tamén Creamos "Ranilda"

Por terceiro ano , dende o CRA Ponte da Pedra, participamos no programa Nos Tamén Creamos.

Este curo os nenos e nenas de Educación Infantil de Xoane en colaboración cos mestres Leticia Barral, Pilar Fernández, Monica Vilariño, José Carballido e Jesús Prado  elaboramos unha preciosa curta chamada Ranilda.

Podedes ver todas as curtas deseñadas polos nenos e nenas do resto de centros educativos na sección infantil da web da Compañía de Radio e Televisión de Galicia.

Esperamos que sexa do voso agrado.

RANILDA

v

MAKING OF

Distribuir contido


by Dr. Radut