Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Blogues

Imaxe de Jesus

Cabazas de Xoane 2014

Un curso máis, os nenos e as nenas de Xoane quixeron participar coa súa cabaza no concurso de Samaín.

Cada ano o nivel de cabazas e maior e sen dubida creo que disfrutareces co nivel de creatividade.

Parabéns a todos e todas, e sobre todo aos papás e mamás que tanto axudan na eaboración destas fermosísimas cabazas.

 

Imaxe de Jesus

Magosto 2014

Este venres 7 de novembro, celebramos o magosto nas instalacións de Sísamo, e grazas a carpa que nos facilitou a asociación de veciños de Sísamo, foi un xornada festiva a pesares da auga.

Os nenos e nenas xogaron, bailaron e pasárono xenial nunha xornada de convivencia excepcional.

Imaxe de Jesus

Xoaniñas na radio

Este curso as alumnas de primaria da escola de Xoane formaron o grupo teatral "As xoaniñas" e participaron no 14º Concurso de teatro lido Xosé Manuel Eirís coa obra de teatro: 'O casamento da pulga e do piollo'

Ainda que o locutor se trabuca pensando que viñamos de Berdillo, en realidade íamos de Xoane, un erro que se le perdoa xa que as Xoaniññas son voadoras e viaxeiras por natureza.

Para os que non puidechedes escoitalas en directo pola radio, deixovos a repetición para que a escoiteedes tantas veces como queirades.

 

 

 

 

 

De Xoane Teatro Lido 2014
Imaxe de Beatriz

COGUMELOS EN XOANE

Este luns levamos unha sorpresa ao chegar a escola, debaixo dunha árbore aparecereceron uns cogumelos, pero moito ollo, non estamos moi seguros se podemos comelos.

O luns aprendemos moitas cousas sobre os cogumelos. Cando queramos recoller cogumelos é moi importante ir acompañado dun adulto que saiba recoñecer as especies. Tamén é preciso levar unha cesta e unha navalla. Coa navalla cortamos os cogumelos pola base e os metemos na cesta. Por que é tan importante a cesta? Porque os cogumelos reprodúcense por esporas e si os metemos na cesta, ímolos espallando.

Distribuir contido


by Dr. Radut