blogue deadmin

Vacacións de Semana Santa

Amigas e amigos, xa chegaron outras vacacións e remata o trimestre. Non queda nada para que o curso chegue o seu fin. Xa sabedes... E colorín, colorete, rematou outro trimestre.

Día Mundial da Auga

Tagged:  

Xa quedan poucos días!

Ola amigas e amigos do CRA!

Recordade que xa non queda nada para reservar a vosa praza no CRA. Podedes acudir a calquera das escolas. Sede benvidas e benvidos. Agardamos por vós!

Lecturas recomendadas Día Internacional da Muller

Tagged:  

Ábrese o prazo de admisión no noso CRA.

Ola benvidas e benvidos!

O xoves 1 de marzo comeza o prazo de admisión nos centros educativos e remata o 20 de marzo. (clicade na imaxe para máis información) 

Se queredes coñecer o noso centro escolar seredes moi ben recibidas e recibidos. Recordade que somos un CRA e temos 4 escolas para escoller:

- Senra

- Deixebre

- Vilacide 

- Transmonte

Estamos a vosa enteira disposición. 

Como ben sabedes ofertamos unha ensinanza individualizada e cooperativa. Temos pouca ratio e permítenos desfrutar desa ventaxa educativa. Estamos preto de vós, a relación coas familias é diaria. A disposición do alumnado temos unha infinidade de recursos actuais e variados.

Vinde coñecernos e non perdades a oportunidade!

Estas son as nosas prazas vacantes:

Para a admisión do alumnado so tedes que dirixirvos o enlace facilitado pola Xunta de Galicia: 

 

 

Ou ben podedes acudir ao centro e facelo dende alí. 

Tamén se coñecedes alguén que poida estar interesada ou interesado, non esquezades avisar. Seguro que o agradecerá.

 

Contamos con vós para seguir medrando!

Fotos do Festival de Entroido

Que tal cibercolegas?

Tendes que visitar a nosa galería. Alí poderedes atopar tódalas fotos da festa. 

E se tedes tempo, tamén ver as imaxes de saídas, convivencias na biblioteca...

Moitos saudiños.

Día da Paz

Tagged:  

Ola navegantes!

Temos un novo material de recomendacións para celebrar o día da non violencia e a paz.

Clicade na imaxe:

Recomendacións Polbo - mascota

Tagged:  

Ola!

Aquí quedan unhas recomendacións lectoras sobre o mundo dos polbos. Saúdos e a desfrutar de lectura, colegas.

 

Moitas grazas

Hoxe recibimos unha postal da escola de Deixebre. Gustounos moito. Queremos darvos as grazas. Que teñades un bo nadal.

 

Nadal 2017

Tagged:  

Ola colegas!

Aquí tedes un ano máis un pequeno recordatorio de que libros podedes ler durante estas datas, espero que os disfrutedes.

Moitos pingüibikos.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013