Skip to Content

Ábrese o prazo de admisión no noso CRA.

Ola benvidas e benvidos!

O xoves 1 de marzo comeza o prazo de admisión nos centros educativos e remata o 20 de marzo. (clicade na imaxe para máis información) 

Se queredes coñecer o noso centro escolar seredes moi ben recibidas e recibidos. Recordade que somos un CRA e temos 4 escolas para escoller:

- Senra

- Deixebre

- Vilacide 

- Transmonte

Estamos a vosa enteira disposición. 

Como ben sabedes ofertamos unha ensinanza individualizada e cooperativa. Temos pouca ratio e permítenos desfrutar desa ventaxa educativa. Estamos preto de vós, a relación coas familias é diaria. A disposición do alumnado temos unha infinidade de recursos actuais e variados.

Vinde coñecernos e non perdades a oportunidade!

Estas son as nosas prazas vacantes:

Para a admisión do alumnado so tedes que dirixirvos o enlace facilitado pola Xunta de Galicia: 

 

 

Ou ben podedes acudir ao centro e facelo dende alí. 

Tamén se coñecedes alguén que poida estar interesada ou interesado, non esquezades avisar. Seguro que o agradecerá.

 

Contamos con vós para seguir medrando!



blog | by Dr. Radut