Skip to Content

Nós tamén creamos

COÑECER MEIS É MARABILLOSO!

MEIS É UN CONCELLO MARABILLOSO, PERO COÑECÉMOLO BEN?

ANIMÁMONOS A PARTICIPAR NO CONCURSO: ONDE ESTÁ RABUÑOSO?

QUE TAL VEXETAL?

VEXETAIS E SENTIMENTOS EN XUNTANZAS

TRABALLOS INSPIRADOS NO LIBRO QUE TAL, VEXETAL? E QUE NOS SERVIRON PARA AFONDAR NAS EMOCIÓNS E SENTIMENTOS HUMANOS. 

Que tal, Vexetal? de Saxton Freymann e Joost Elffers, Editorial Linteo

CURTAS MOI CURTAS!

ACCEDEDE AO CANLE DE YOUTUBE PARA PODER VER O RESTO DE VIDEOS CARGADOS NA LISTA DE REPRODUCCIÓN

PREMIO NÓS TAMÉN CREAMOS!

 

O Plan Nós Tamén Creamos 2014-15 outorga unha “mención” á curta realizada polo CRA de Meis A vella na botella. 

O acto de entrega de premios celebrarase o vindeiro luns día 15 de xuño, ás 11 horas, na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).

 

Todas as familias que desexen asistir deberán facelo pola súa conta, previa certificación de asistencia a dirección.

Xa podedes velo na páxina da RTVG: 

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos 

 

NORABOA POR UN GRAN TRABALLO RAPACES!

ESTREA DE A VELLA NA BOTELLA

 

 

O VINDEIRO MARTES, DÍA 5 DE MAIO, ÁS 16:30 H. TERÁ LUGAR NO MULTIUSOS A ESTREA DA CURTA DE ANIMACIÓN A VELLA NA BOTELLA.

 

ANIMADOS POLO ÉXITO ACADADO O ANO ANTERIOR COA CURTA OS ZOMBIES COMEDORES DE LINGUAS, NOMINADO AO MELLOR FILME EN TRES CATEGORÍAS NOS PREMIOS OLLOBOI. ESTE ANO QUIXEMOS IR MÁIS ALÁ, INSCRIBINDO AO CENTRO NO PLAN PROXECTA - NÓS TAMÉN CREAMOS, PLAN DESENROLADO CO ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL.

 

ESTA OBRA AUDIOVISUAL, LEVADA A CABO EN XUNTANZAS, NACE DA CRENZA NO USO DAS DISTINTAS LINGUAXES ARTÍSTICAS COMO FERRAMENTA PARA A APRENDIZAXE E PARA O DESENROLO DA INTELIXENCIA EMOCIONAL DO ALUMNADO, FACÉNDONOS ECO DAS CORRENTES MÁIS INNOVADORAS DO ENSINO EN PAÍSES Á VANGARDA DA EDUCACIÓN.

 

A VELLA NA BOTELLA SERÁ PROXECTADA XUNTO CON OUTROS TRABALLOS REALIZADOS POLO ALUMNADO DE 6º NUNHA GALA DE CINEMA Á QUE CONVIDAMOS A TODAS AS FAMILIAS DESTA NOSA COMUNIDADE.

 

 

APERTURA DE PORTAS ÁS 16:15. ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO. DURACIÓN APROXIMADA DA PROXECCIÓN: 30 MINUTOS. 

ANIMÁMONOS A ANIMAR

DAS IDEAS AO GUIÓN

 

CREAMOS PERSONAXES

 

 

 

O NOSO ESTUDIO DE ANIMACIÓN

O ataque dos zombis comedores de linguas

A saia de Carolina, un grupo de zombis famentos e unhos nenos que deberán defender a súa lingua nesta curtametraxe realizada polo alumnado do CRA de Meis como parte final do proxecto realizado neste 2014 nas Xuntanzas: Que é o cinema?

Unha curta de terror con moita retranca!

 

A curta participa no Festival Audiovisual da Asociación Marearte, OLLOBOI. Podedes votar polo video para que teña opcións a gañar o premio do público no seguinte enlace:

https://docs.google.com/forms/d/12MgnqFCiRed_DpPpQL88v4sMTlXQIY8FZdCWy8kxvPA/viewform

 

Compartide e suxerídelle ós vosos que, se lles gusta, voten polo video!

Cantos máis votos máis posibilidades!

Distribuir contido


by Dr. Radut