Hai solución para os problemas do noso planeta? Analizamos a saúde do noso medio ambiente e damos algunha idea de como minimizar o impacto que ten o ser humano sobre a natureza.
Chega a primavera e con ela o Día mundial dos bosques, da auga e da poesía. Unha temática que quixemos traer a Rabu radio para reflexionar sobre o noso papel e a nosa relación ca natureza.
Rabuñoso invítanos a facer unha nova investigación dende o Entroido Ribeirao, onde están a celebrar o domingo lambedoiro: Como celebrarían o Entroido os nosos maiores aquí en Meis? Mandádenos vídeos ou audios contándonolo, mandádenos fotos, facede debuxos... ou mellor aínda, animádevos a vir a Rabu Radio contárnolo! Agardamos as vosas historias!
Estamos ás portas do Nadal e traemos moitas novidades que contar sobre Papa Noel, as formigas, Yayoi kusama e de nenos que nacen de semillas que se compran no supermercado.