Skip to Content

blogue deadmin

RESULTADO DAS VOTACIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR 2022

Tralas votacións realizadas o pasado martes, os novos membros do consello escolar son os seguintes:

 

SECTOR PROFESORADO:

-Antonio María Costa

-Mónica Prol

 

SECTOR FAMIILIAS:

-Marta Diz

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2022

  Segundo a Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 30/09/2022, renovar dous/dúas representantes do Claustro de mestres e mestras e a un/unha representante das familia, puidendo a ANPA designar directamente un destes tres representantes.

 

Segundo o Artigo 2º da citada Resolución a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar celebrarase ao efecto entre os días 22 e 29 de novembro, ambos os dous incluídos. Será responsabilidade da Xunta Electoral fixar a data definitiva das votacións, que probablemente se celebrará o martes día 29 de novembro de 2022.

 

A Xunta electoral estará formada pola directora, unha mestra/a e unha nai/pai elixidos en sorteo público. Estes dous últimos (mailos seus suplentes) serán designados por sorteo público o próximo venres día 28 de outubro ás 9:30h na sede do CRA. 

Poden consultar o censo de familias en cada una das escolas.

HORARIO DE ATENCIÓN DURANTE O MES DE XULLO

Dia da Paz

CURSO 2022-23

 OS DÍAS NON LECTIVOS ESCOLLIDOS POLO CRA DE MEIS SON:

(18 de outubro 2023 e 20 de maio 2024)

 HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS

EQUIPO DIRECTIVO: CON CITA PREVIA

TITORÍAS: MARTES: 18:00-19:00

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Queredes saber como é unha escola rural? Queredes descubrir como son as nosas aulas? Queredes coñecer ás vosas futuras mestras e compañeiros?
O vindeiro martes día 12 de xuño, as escolas do CRA de Meis abren as súas portas para vós! Rabuñoso agárdavos!
 

ANIVERSARIOS DO TERCEIRO TRIMESTRE.

COMO DESPEDIDA DA ESCOLA DE SAN TOMÉ, O 29 DE XUÑO CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DOS NENOS E NENAS QUE CUMPRIRON ANOS EN ABRIL, MAIO, XUÑO E EN XULLO.

O MELLOR DE TODO É PASALO SUPERBEN CON TODOS OS NOSOS AMIGUIÑOS DE CLASE, CUNHA BOA TORTA E ALGÚN QUE OUTRO CHUCHE!!

Imos ver GATUXO, de Magín Blanco

O próximo 9 de maio, martes, imos a Pontevedra a ver Gatuxo, un espectáculo onde se fusionan as artes, o teatro e a música. As cancións son do noso querido Magín Blanco, que esta vez estará acompañado de outros dous músicos e unha actriz.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut