Skip to Content

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2024

  Segundo a Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros sostidos con fondos públicos (DOG 18/09/2024), renovar dous/dúas representantes do Claustro de mestres e mestras e a un/unha representante das familia, puidendo a ANPA designar directamente un destes tres representantes.

 

Segundo o Artigo 2º da citada Resolución a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar celebrarase ao efecto entre os días 18 e 22 de novembro, ambos os dous incluídos. Será responsabilidade da Xunta Electoral fixar a data definitiva das votacións, que probablemente se celebrará luns día 18 de novembro de 2024.

 A Xunta electoral estará formada pola directora, un docente e unha nai/pai elixidos en sorteo público. Estes dous últimos (mailos seus suplentes) serán designados por sorteo público o próximo venres día 18 de outubro ás 11:30h na sede do CRA. 

Poden consultar o censo de familias na sede do CRA.



blog | by Dr. Radut