NOVAS
Enquisa de Convivencia
No marco da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 porase en marcha a Enquisa de Convivencia Escolar 2023, cuxo prazo de participación será do 2 ao 22 de maio (ambos os dous incluídos).
Esta enquisa é de carácter anónimo e nela participarán todos os centros públicos e privados concertados dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Participan todos os colectivos que conforman a comunidade educativa -alumnado, profesorado, persoal non docente e familias- e que os equipos directivos serán os encargados de facerlle chegar a cada persoa a comunicación que contén unha clave de acceso ao cuestionario do seu colectivo.
Participa o alumnado de 5º de EP en diante e cubrirán dita enquisa en horario escolar tal e como indican as súas instruccións.
Nos vindeiros días recibirán un código de acceso para entrar na enquisa correspondente como familia. En caso de ter varios fillos/as matriculados no centro, só teñen que cubrir unha única enquisa por familia.
Os enlaces para participar na enquisa son os seguintes:
- Enquisa alumnado Ed. Primaria.
- Enquisa persoal non docente.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Guia para responder a enquisa de convivencia_2023.pdf | 240.33 KB |
Preguntas frecuentes_2023.pdf | 507.52 KB |
- APIs de Blogue