Onte, para comezar ben e con enerxía o derradeiro trimestre, o alumnado de terceiro de primaria visitamos a panadería Morales en A Guarda.

Ademais de explicarnos os distintos tipos de fariñas e as diferenzas entre os pans, deixáronnos convertirnos en panadeiros/as por un día. Fixemos a masa, dímoslle distintas formas, deixámola repousar...e ao forno!

Quedáronnos uns pans deliciosos!

Despois desta dura xornada de traballo, descansamos un anaco na Alameda e de volta para o cole.

Moitas grazas á panadería Morales por deixarnos desfrutar e aprender tanto!

Preme na seguinte foto se queres saber máis info...

 

 

 

As gañadoras da categoría do nome recibiron ademais un conto cada unha, e os gañadores do logo uns cascos para escoitar moi ben os programas de A Voz da Mata ;)

E tamén, todos os participantes do concurso de radio recibiron uns agasallos en agradecemento por presentar as súas propostas.

Hoxe, xoves ás 18:30  terá lugar na biblioteca , unha reunión informativa sobre as probas libres de acceso a ciclos para o alumnado que teña 17 anos cumpridos ou os cumpra neste ano.

Hoxe terá lugar unha misa polo noso compañeiro Juan Treinta, ás 19:00 na igrexa parroquial de Santa Mariña, no centro do Rosal.

Estimadas familias

Como moitos de vós saberedes, na mañá de onte faleceu o noso compañeiro, Juan Treinta, conserxe do CPI, de maneira repentina.

Previsiblemente poderase velar o seu corpo no Tanatorio Santa Tegra, de A Guarda, a partir de hoxe, xoves, ao mediodía. O funeral terá lugar o venres 9, ás 16:00 horas, na igrexa de Loureza.

Durante o acto relixioso participarán algúns nenos e nenas do colexio, tanto con algunha lectura como no aspecto musical.

 

Unha fonda aperta, nestes momentos tan tristes para a comunidade educativa.

 

Estimadas familias

Este xoves 8 de marzo estaba programada a obra teatral “Elisa e Marcela”, no Auditorio Municipal. Queremos comunicarvos que as actrices da compañía decidiron secundar a folga dese día, polo que esa representación acaba de ser cancelada. Comunicarémosvos máis adiante para que data se pospón.

 

 

 

 

 

O martes 27 de febreiro, o alumnado de 3º e 4º de ESO realizará unha viaxe a Vigo para asistir a dúas actividades.

Pola mañá escoitarán unha charla da escritora María Solar, xornalista da CRTVG e autora do libro Os nenos da varíola e Marta López, científica titular do grupo de Microbioloxía e Tecnoloxía de Produtos Mariños do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC. Ambas estarán moderadas por Luisa Martinez, membro da Unidade de Cultura Científica  do CSIC en Galicia.

Pola tarde realizarán unha visita ao Museo do Mar para ver de primeira man o Pergamiño VIndel, manuscrito fundamental na historia da literatura galega.

 

Esperemos que a excursión sexa de proveito!

 

 

O vindeiro luns, 26 de febreiro o investigador da Universidade de Compostela Antonio Fernández Guiadanes, virá darnos unha charla sobre a literatura Medieval. A charla titúlase Martín Codax e o Pergamiño Vindel: unha secuencia narrativa de poemas e está dirixida ao alumnado de 3º de ESO.

Antonio ten un extenso currículo e agardamos aprender moito con el. Aquí tedes unha pequena mostra:

Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi bolseiro no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades no proxecto ArGaMed. Participou na publicación de Lírica profana Galego-Portuguesa (1996), obra de referencia que recolle o corpus completo desta tradición poética. Xunto co equipo de investigación do centro sacou o libro Cantigas do Mar de Vigo, edición crítica dos xograres Martín Codax, Mendiño e Johan de Cangas, así como a primeira e segunda versión de MedDB. Desde 2003 é investigador contratado na Universidade de Santiago de Compostela, onde participa en proxectos de investigación centrados na edición de textos medievais, no marco dos cales publicou varios artigos.

 

A vindeira semana teremos unha sesión de contacontos de luns a xoves a cargo do profesorado do CRA María Zambrano. Os afortunados e afortunadas de poder desfrutar desta actividade serán os nenos/as de 1º, 2º e 3º de primaria.

A onde nos farán viaxar? Pronto o saberemos...

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.