O martes pasado puidemos desfrutar dun concerto didáctico para toda primaria, a cargo de tres mestres do conservatorio de A Guarda.

Comezou Ubaldo introducíndonos no mundo da guitarra española e da guitarra eléctrica, facendo unha demostración con un montón de efectos.

     

Juan deleitounos co seu órgano e explicounos un pouco a historia do piano.

 Héctor falounos das partes do violín tradicional e despois do violín eléctrico amosándonos como funciona a técnica do Live Looping.

    

Para finalizar, os tres músicos tocaron varias pezas todos xuntos. Sen dúbida, unha experiencia extraordinaria.

 

Moitas grazas!

Onte tivemos as xornadas de acollida para o alumnado que entra en 1º e 3º de Educación Primaria para o vindeiro curso.

As futuras titoras contáronlle un conto na nosa biblioteca A Quinta dos Libros e desta maneira, o alumnado puido coñecer un dos espazos máis importantes do cole.

 

Tamén desfrutaron de diferentes actividades como por exemplo un xogo de convivencia no ximnasio de primaria, unha pequena demostración da clase de música, unha actividade na aula de informática ou un experimento no laboratorio.

 

Coñecendo e aprendendo!

Enviado por Anónimo o 14 Maio, 2018 - 12:43

O día 23 de abril do 2018, o alumnado de 2º da ESO, estivo no CINBIO e en Tui. Devolvémoslle a visita a África González Fernández, visintádoa a ela e ao seu equipo no Centro de Investigaciones Biomédicas.

Unha visita moi interesante na que afondamos un pouco máis no seu traballo! Pasamos a tarde en Tui... Paseando e aprendendo! Todo alumnado intentou superar unha serie de retos relacionados coa vila e tamén coa Tecnoloxía...

Moitas grazas pola vosa participación e polo día tan agradable que pasamos!

 

O pasado xoves, o alumnado de 2º, 3º e 4º participou no Correlingua (Tomiño), unha actividade que transita dunha localidade a outra, cun denominador común que é a dinamización lingüística da mocidade e a infancia.

Correlingua é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade, á infancia e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.

O alumnado de 4º da ESO visitou hoxe a feria de Educación FPInnova, en Santiago, onde participaron en obradoiros e stands representativos das principais familias profesionais da FP.

O mércores 4 de abril o alumnado de 3º de ESO foi de excursión a Compostela para asistir a dúas exposicións moi interesantes.

 

Pola mañá foron ver a exposición A arte no cómic, unha mostra da Fundación Telefónica na rúa do Vilar. Alí dividíronse en dous grupos. Mentres uns facían un obradoiro práctico, o resto visitaba a exposición e realizaba un pequeno traballo de investigación.

 

 

Despois do xantar visitaron a Cidade da Cultura para ver a exposición Galicia Universal. A arte galega.

Alí viron unha mostra de pintura e escultura galega desde o século XIX ata a actualidade. Puideron gozar con pinturas de Castelao, Urbano Lugrís, Luís Seoane ou Ovidio Murguia, fotografías de Virxilio Viéitez ou esculturas de Paco Leiro.

Foi unha viaxe moi proveitosa e interesante!!

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.