O pasado xoves o alumnado da ESO viaxou a Marte!

Por outra banda, xa temos gañadores e gañadoras do concurso de mulleres científicas!

Preme na seguinte foto para ler o artigo enteiro na Quinta dos Libros...

 

Atento o alumnado de Primaria porque o vindeiro xoves , 1 de marzo, poderedes desfrutar dunha sesión de cine de animación. No momento de entregar a autorización, recibiredes a entrada. Bule, que se acaban;)

Mensualmente unha clase de primaria e outra de secundaria coordínanse para limpar os patios. Pouco a pouco, ímonos concienciándonos de que cando tiramos algo ao chan, alí quedará ata que sexa recollido por alguén...

"A sostenibilidade trata de ecoloxía, economía e igualdade". Ralph Bicknese

Por mor da previsión meteorolóxica de chuvia do vindeiro venres, adiántase o Entroido ao xoves 8. Estades todos/as convidados/as a gozar do noso desfile que irá acompañado dunha charanga a partir das 12 da mañá polo Calvario. 

VIVA  ENTROIDO!

O 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz. Para ver o que aconteceu na nosa escola, preme na seguinte foto.

 

Aurora Verde Fernández, estudante de Enfermería da Universidade de Vigo , estivo na nosa escola impartindo, aos máis novos do centro, unha serie de actividades en relación coa alimentación equilibrada.

Preme na seguinte foto para máis info.

 

Grazas pola visita, Aurora. Aprenderon moito dunha forma divertida!
"Somos o que comemos, pero o que comemos pódenos axudar a ser moito máis do que somos"
Alice May Brock

Queremos pór en marcha canto antes a Radio da Biblioteca e  precisamos un nome e un logotipo que a represente. Para iso, necesitamos a vosa colaboración.

Convocamos 2 concursos: un para elexir o nome e o segundo para deseñar a imaxe representativa da radio. Podedes partipar nun só ou tamén en ambos.

Concurso 1: Buscamos nome para a radio (preme na foto para ver as bases)

 
 
 
 
 Concurso 2: Deseño logotipo para a radio (preme na foto para ver as bases)
 
 
 
 
 
             ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
 

CHEGA O ENTROIDO 2018 Á MATA!

Pincha na imaxe para ver o que imos facer...

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.