O vindeiro luns, 26 de febreiro o investigador da Universidade de Compostela Antonio Fernández Guiadanes, virá darnos unha charla sobre a literatura Medieval. A charla titúlase Martín Codax e o Pergamiño Vindel: unha secuencia narrativa de poemas e está dirixida ao alumnado de 3º de ESO.
Antonio ten un extenso currículo e agardamos aprender moito con el. Aquí tedes unha pequena mostra:
Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi bolseiro no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades no proxecto ArGaMed. Participou na publicación de Lírica profana Galego-Portuguesa (1996), obra de referencia que recolle o corpus completo desta tradición poética. Xunto co equipo de investigación do centro sacou o libro Cantigas do Mar de Vigo, edición crítica dos xograres Martín Codax, Mendiño e Johan de Cangas, así como a primeira e segunda versión de MedDB. Desde 2003 é investigador contratado na Universidade de Santiago de Compostela, onde participa en proxectos de investigación centrados na edición de textos medievais, no marco dos cales publicou varios artigos.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |