Carreira Popular de Taboada

Felipe Barata

Máis de 20 atletas do Colexio de Friol tomaron parte na II Edición da Carreira Popular de Taboada, no que era o debut nesta temporada para o equipo de Friol. Bos resultados os que obtiveron os deportistas locais, cun total de cinco podiums nesta primeira cita atlética.

Semana de Samaín

...

Entre o 21 e o 30 de outubro a Biblioteca do Centro, ambientada cunha decoración temática, foi escenario da semana dedicada a Samaín, na que, como non podía ser doutro xeito, o medo foi protagonista.

Contacontos de medo, como "Corre, corre, cabaciña" e "Fiz o coleccionista de medos" aterraron, na voz e escenificación de Ana López e Melanie Coedo, a todo o alumnado de Primaria e Infantil. Igualmente, os máis pequenos de Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria tremeron coa proxección de "Lobo feroz", mentres que para o alumnado de Segundo e Terceiro Ciclo foi proxectada a terrorífica "Bruxa Regañadentes".

A Semana de Samaín completouse na Biblioteca cun concurso de calacús, nos que se puido comprobar a infinita imaxinación creadora dos alumnos e alumnas de tódolos cursos do Centro. Na seguinte presentación mostramos os calacús gañadores.

 

 Finalmente, Ana fixo un conxuro para liberar os nenos e nenas de Infantil dos medos xerados durante a Semana de Samaín.

Podes ver outro vídeo no Blog da Biblioteca.

Drogas e alcohol

O pasado martes, 15 de outubro, dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar, a Garda Civil de Lugo impartiu unha charla sobre drogas e alcohol na Biblioteca do Centro. A conferencia foi dirixida a todo o alumnado de Secundaria e a 6º de Primaria.

Benvida á CAIXA VIAXEIRA

Teresa Estévez

O 17 de febreiro de 2012, Manuel, o coordinador do EDLG do Ceip de Cervo, propúxonos participar nunha actividade normalizadora: A Caixa Viaxeira.

O proxecto, que agora xa é unha realidade, comezou cando distintos centros das catro provincias galegas dixemos que estabamos dispostos a participar.

Distribuir contido