Correlingua 2014

Teresa Estévez

Galego, o paso adiante

Un ano máis o Correlingua encheo as rúas de Galiza, desta vez co lema Galego, o paso adiante, en clara referencia ao poema Penélope, de Xosé María Díaz Castro, para incidir que nós, que Galiza, dá un paso adiante, avanza, cando a nosa lingua está viva, cando é a lingua en que nos expresamos en cada momento e en todo lugar.

Un ano máis ofrecéronnos distantas actividades para ser realizadas ao longo do ano. E finalmente o pasado mércores, o propio día do Correlingua, foi un día para a festa e a plenitude en todas as ordes da vida, incluídas o teatro ou a música, sempre presentes nas festas coas que poñemos o punto final á actividade.

Descendendo o Ulla

Estela Villarábide

O 25 de Abril, os rapaces e rapazas do 3º e 4º curso da ESO, colleron un autobús ás 10 da mañá rumbo ó río Ulla, para pasar unha emocionante mañá descendendo o río, e buscando as pistas que prepararon para os rapaces de orientación.

A pesar da tardanza das barras de pan e que a chegada ó noso destino foi un pouco tardía, a experiencia foi inesquecible. O frío e a choiva non impediron o goce das preciosas vistas e da emoción de descender os rápidos, tendo en conta que tralas choivas que padeceu Galicia, o caudal do río estaba nun dos seus máximos históricos.

Tras cambiarnos e comer bocadillos para recuperar as forzas, regresamos a Friol, cun silencio sepulcral no autobús, xa que o esgotamento da actividade conduciunos ás portas dos soños.

Foi unha experiencia apaixonante, tanto para os rapaces de orientación como para os que descenderon o Ulla, xa que nos sentimos todos como peixes na auga.

Cross Ambiental Concello de Ordes

Felipe Barata

Catro podiums, con vitoria para Noelia Sánchez

O pasado 1 de maio disputouse no Concello de Ordes unha proba denominada Cross Ambiental, na cal estiveron presentes unha ducia de atletas do club, conseguindo un total de catro podiums. 

A máis destacada foi a atleta Noelia Sánchez, que se impoñía na categoría de 8 a 10 anos, logrando a súa primeira vitoria nunha proba. Nesta mesma categoría, a súa compañeira de equipo conseguía a cuarta posición. 

Xa na categoría de 14 a 16 anos, Estela Villarábide lograba un meritorio segundo posto, despois dunha carreira onde os integrantes da mesma fixeron o triplo do percorrido marcado pola organización. Na proba masculina, Cristian Montecelo tamén entraba en segunda posición, sendo o seu compañeiro, Adrián Lage, terceiro. Nesta mesma proba, Rubén Ceide remataba cuarto. 

Outra atleta que estivo moi cerca do podium foi Aldara Ceide, que, na categoría de 5 a 7 anos, lograba a cuarta posición.

Torneos de atletismo en Pontevedra e A Coruña

Felipe Barata

Nesta ponte de Maio tiveron lugar distintos torneos de atletismo en pista, habendo representación de atletas do club nas distintas probas que se disputaron pola xeografía galega.

O primeiro en pórse en acción foi Gael Jaúregi, que participou na proba dos 1.000 metros cadete no Torneo Supermercados Froiz de Pontevedra, onde lograba unha marca de 3.01 minutos. 

Na pistas de Elviña de A Coruña, se disputou o Torneo Nela Souto, organizado polo club Marineda, e no cal tamén houbo representación do noso club. A máis destacada foi María Carballido, que entraba cuarta na proba feminina dos 500 metros lisos cun tempo de 1.32 minutos. A súa compañeira de equipo, Vanesa Blanco, remataba no posto undécimo na mesma proba, parando o crono en 1.40 minutos. Na proba masculina, Cristian Santos entraba no posto duodécimo, cunha marca de 1.32 minutos.

Por último, Felipe Barata tomaba parte na proba de salto de lonxitude, finalizando no posto décimo cuarto, cunha mellor marca de 5.09 metros.

Apaixonante visita do Ciclo de Infantil ó Museo de Lugo

Yésica

O pasado 31 de marzo os nenos e nenas de Educación Infantil realizamos unha visita ó museo de Lugo para participar na actividade "O museo como contedor" que este ofertaba.

Para dita visita dividímonos en dous grupos. Mentres uns visitaban o museo, os outros facían un breve percorrido pola Praza de Abastos, observando os seus diferentes postos e... Ata degustamos un churro!!

A continuación cambiamos os roles.

Día do Libro

Alumnos e alumnas de 2º de ESO

O alumnado se 2º de ESO non podemos obviar que o 23 de abril é o Día do Libro ... Nunha sesión de Educación para a Cidadanía buscamos en Google imaxes, aquilo que a cada un lle inspiraba o Día do Libro. O resultado foi un pequeno mural, xunto ó que fixemos uns minutos de lectura.

5º e 6º de Primaria en Phanomenta. As Termas (Lugo)

...


Ana Belén Lago

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria, xuntamente con alumnos do colexio do Páramo, compartiron un percorrido por 23 actividades diferentes nas que comprobaron de primeira man como funcionan as leis físicas, a gravidade, a velocidade e o equilibrio.
Esta actividade desenvolveuse o día 11 de abril as 11 da maña e tivo unha duración dunha hora.

O alumnado de Francés ve "Notre-Dame de Paris"

O pasado 24 de abril, os alumnos e alumnas de Francés de 2º, 3º e 4º de ESO viaxaron a Santiago para presenciar a obra de teatro Notre-Dame de Paris

Carreira Popular de Quiroga

Felipe Barata

Vitorias para Aldara Ceide, Cristian Santos, María Carballido e Adrián Lage

O pasado 18 de Abril celebrouse a X Edición da Carreira Popular de Quiroga, na cal estiveron presentes cerca de 30 atletas do club. Os nosos representantes lograron un total de 10 podiums nesta cita clásica que se disputa tódolos anos na Semana Santa. 

Os alumnos e alumnas de 3º e 6º de Primaria experimentan a erupción dun volcán

 Pilar Racamonde

  1. Pon un vaso de papel ou plástico nunha bandexa e rodéao de plastilina ou arxila. O vaso debe poder saír e entrar con facilidade, para poder baleiralo e repetir a experiencia.
  2. Poñemos dúas culleres de fariña e un pouco de auga. Mesturamos para que quede bastante líquido. Botamos tamén pemento, ou colorante alimentario, para que quede de cor vermella. Engadimos unha culler de bicarbonato e un bo chorro de vinagre. Deseguido veremos como a reacción produce un aumento do volume, e a lava vermella empeza a caer polo cráter do volcán.
  3. Podes variar as cantidades de auga, fariña, bicarbonato e vinagre, ata que saia un volcán ó teu gusto.
Distribuir contido