Correlingua 2014

Teresa Estévez

Galego, o paso adiante

Un ano máis o Correlingua encheo as rúas de Galiza, desta vez co lema Galego, o paso adiante, en clara referencia ao poema Penélope, de Xosé María Díaz Castro, para incidir que nós, que Galiza, dá un paso adiante, avanza, cando a nosa lingua está viva, cando é a lingua en que nos expresamos en cada momento e en todo lugar.

Un ano máis ofrecéronnos distantas actividades para ser realizadas ao longo do ano. E finalmente o pasado mércores, o propio día do Correlingua, foi un día para a festa e a plenitude en todas as ordes da vida, incluídas o teatro ou a música, sempre presentes nas festas coas que poñemos o punto final á actividade.