Torneos de atletismo en Pontevedra e A Coruña

Felipe Barata

Nesta ponte de Maio tiveron lugar distintos torneos de atletismo en pista, habendo representación de atletas do club nas distintas probas que se disputaron pola xeografía galega.

O primeiro en pórse en acción foi Gael Jaúregi, que participou na proba dos 1.000 metros cadete no Torneo Supermercados Froiz de Pontevedra, onde lograba unha marca de 3.01 minutos. 

Na pistas de Elviña de A Coruña, se disputou o Torneo Nela Souto, organizado polo club Marineda, e no cal tamén houbo representación do noso club. A máis destacada foi María Carballido, que entraba cuarta na proba feminina dos 500 metros lisos cun tempo de 1.32 minutos. A súa compañeira de equipo, Vanesa Blanco, remataba no posto undécimo na mesma proba, parando o crono en 1.40 minutos. Na proba masculina, Cristian Santos entraba no posto duodécimo, cunha marca de 1.32 minutos.

Por último, Felipe Barata tomaba parte na proba de salto de lonxitude, finalizando no posto décimo cuarto, cunha mellor marca de 5.09 metros.