Alumnado de Friol presencia o partido Lugo-Huelva

 
...


O pasado 22 de marzo, uns corenta alumnos e alumnas de Friol presenciaron o partido de fútbol disputado no Anxo Carro entre o Deportivo Lugo e o Recreativo de Huelva, no que se impuxo o Lugo por 2 goles a 0.

Globos azuis no Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo

Nas cancelas de entrada dos edificios de Primaria e Secundaria do C.P.I. Dr. López Suárez colgáronse globos azuis no Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, sumándose así o Centro á iniciativa de fomentar a sensibilidade social ante este trastorno.

2 ABRIL. DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

María Dolores López Cayón (ANPA)

O día 2 de abril celébrase en todo o Mundo o día da Concienciación sobre o Autismo (TEA) por resolución da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, aprobada no ano 2007.

Do que se trata é de facer máis visibles para a maioría da poboación eses trastornos e dar a coñecer a realidade dos nenos, nenas e familias con TEA. O autismo afecta ó 6 por 1000 da poboación (facéndoo máis común que o cáncer ou o sida pediátricos) e catro veces máis ós homes que ás mulleres. Preséntase en calquera grupo racial, étnico e social.

A forma máis visual que se propón para conmemorar o día é colgar globos azuis nos balcóns e ventás das nosas casas e nos edificios públicos para dar a coñecer a existencia deste problema.

 

 

10 COUSAS SOBRE AUTISMO

María Dolores López Cayón (ANPA)

Primeira Proba Clasificatoria Atletismo en Pista. Categoría Infantil

 Felipe Barata

5 VITORIAS PARA O NOSO CLUB

Disputouse nas pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera a primeira proba clasificatoria de atletismo en pista do programa Xogade para a categoría infantil e na cal tomaron parte 8 atletas do club, logrando uns bos resultados no seu primeiro contacto coa pista ó aire libre na presente tempada. Nesta primeira proba conseguíronse un total de 5 vitorias.

Control federado cadete. Lugo

Conxuntamente coa proba infantil, disputábase tamén un control federado para os atletas da categoría cadete, na que participaban catro atletas do club.
 
Gael Jaúregi gañaba a súa serie de 300 metros lisos (sen tempo oficial) e facía o propio cos 600 metros lisos, onde firmaba un crono de 1.44 minutos. Nesta mesma proba Tino Villar era cuarto con 1.55 minutos.

Carreira Popular Torre de Hércules. A Coruña

 Felipe Barata

GRAN CARREIRA DE RUBÉN CEIDE

Na xornada do sábado 29 de Marzo tivo lugar a prestixiosa proba da Carreira Popular da Torre de Hércules, na cal se deron cita máis de 2.000 atletas. O noso club estaba representado polo xuvenil Rubén Ceide, quen lograba un valioso podium.

Carreira popular de Monforte

Na matinal do domingo 30 celebrouse na cidade de Monforte unha nova edición da súa carreira popular, na cal tomaban parte 7 atletas do club, lográndose un podium.

O alumnado de Latín goza do teatro clásico.

...

O luns 24, o grupo de 4º de ESO de Latín viaxou ata o Auditorio Gustavo Freire de Lugo para presenciar a obra de teatro "Hipsípila" de Eurípides, a cargo do grupo valenciano Komos, que inaugurou o XIV Festival Grecolatino.

Carreira solidaria Baleira-Castroverde

...


Felipe Barata

Na matinal do día 23 de Marzo disputouse o trail solidario Baleira-Castroverde, na cal tomaron parte representantes do noso club.

Distribuir contido