Carreira Popular Portomarín

Cristian Montecelo, gañador absoluto

Felipe Barata

Tamén houbo representación do club na I Edición da Carreira Popular de Portomarín, conseguíndose un total de 3 podiums.

Cristian Montecelo era o gañador absoluto da carreira de menores, en tanto que o seu compañeiro de equipo Cristian Santos lograba a segunda posición. Na categoría feminina,  María Carballido entraba en segunda posición. Tamén tomaba parte Angel Martínez, que era sexto, e a prebenxamín Aldara Ceide.

Carreira Popular "Feira do viño" de Quiroga

Vitoria de Cristian Santos, en infantil, e de María Carballido e Adrián Lage, en cadete

Felipe Barata

Cerca de 30 atletas do club estiveron presentes nunha nova edición da Carreira Popular "Feira do Viño" de Quiroga, na cal se obtiveron un total de nove pódiums.

Así, na categoría prebenxamín, a vitoria foi a parar a Ramón Loureiro, mentres que o seu compañeiro de equipo Abel Fagil lograba a segunda posición.

Tamén na segunda posición entraba Juan David López na carreira alevín masculina, e, na proba infantil masculina, Cristian Santos dominaba con autorirade. O seu compañeiro de equipo Samuel Castedo lograba a terceira posición. Pola súa parte, NoeliaSánchez e Vanesa Blanco entraban en segunda e terceira posición respectivamente na proba infantil feminina.

Polo que se refire á categoría cadete, María Carballido e Adrián Lage volvían amosar o bo momento de forma que atravesan,  gañando respectivamente as súas probas.

O alumnado de 3º de ESO e 4º de Tecnoloxía visita a Central Térmica de As Pontes

Carmen González Tallón

O pasado 24 de marzo os alumnos e alumnas de 3º ESO e de 4º de Tecnoloxía visitaron a Central Térmica de As Pontes.

Alí puideron ver o parque de carbóns, as turbinas, as torres de refrixeración, a sala de control... Tamén visitaron o Lago, onde viron unha antiga rotopala escavadora; explicáronlles o proceso de extracción do carbón, a recuperación ambiental da entulleira e do lago.

A visita está enmarcada dentro das actividades dos departamentos de Ciencias Sociais e Tecnoloxía, xa que as centrais térmicas convencionais son unhas das plantas que máis electricidade achegan á rede eléctrica española e é importante comprender o seu funcionamento, os combustibles que utilizan así como o impacto que teñen no medio.

Actividade do Club durante a Semana Santa

Felipe Barata

CAMPEONATO DE ESPAÑA ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS. GUADALAJARA

Guadalajara foi escenario do Campionato de España Escolar de Cross, no cal participaron María Carballido e Adrián Lage, sendo a primeira vez que uns atletas do noso xove club se desprazaban a unha cita dun nacional organizado polo Consejo Superior de Deportes.

A primeira en entrar en acción foi María Carballido, que despois dunha gran temporada invernal conseguía finalizar no posto 45º da clasificación xeral, véndose involucrada nunha caída no comezo da proba. Xunto cas súas compañeiras de equipo, as lucenses Sara López, Lucía López, María Pérez, Elena Costas e Arantxa Pérz, lograban un destacado sexto posto por comunidades.

O novo atleta de Friol Adrián Lage remataba a proba no posto 43º da xeral. A actuación conxunta da selección galega estaba formada por Pedro Osorio, Diego Alonso, Ermias Fernández, Carlos López e Adrián Chun, finalizando no posto 11º na clasificación por comunidades.
 
 
CARREIRA DA TORRE. A CORUÑA

Dous atletas da categoría infantil tomaban parte nesta proba de A Coruña. Cristian Santos lograba un pódium entrando na terceira posición, mentres que Irea Ferreiro remataba no posto oitavo.

CONCENTRACIÓN DE SEMANA SANTA DE MARCHA

A Praia de A Lanzada foi o lugar escollido pola Escola Galega de Marcha para a tradicional concentración de Semana Santa, dende o día 29 de marzo ata o 1 de abril. Na mesma tomaron parte Miguel Ángel Sánchez, Marcos Burgo, Vanesa Blanco, Noelia Sánchez e Nerea Lage.

Na dita concentración os atletas adestraron en xornadas de mañá e tarde, nos aspectos técnicos e físicos desta disciplina atlética, cara a un mellor rendemento nos distintos campionatos autonómicos e torneos nacionais que se presentan no que queda de temporada.

Criterium Marcha Rentería

Marcos Burgo consegue a prata

Felipe Barata

Na localidade vasca de Rentería tivo lugar o pasado domingo 22 de marzo o Criterium de Marcha da Federación Española de Atletismo, na que estiveron presentes 5 marchadores do noso colexio. Grandes resultados de todos eles, destacando un excepcional podium a cargo de Marcos Burgo, que na categoría infantil lograba a segunda posición cun crono de 15,40 minutos, nunha proba moi disputada cun atleta catalán que se dilucidou nos últimos metros.

Pola súa parte, as nenas da categoría infantil seguen coa súa progresión, demostrando estar nun bo momento de forma. Así, Noelia Sánchez, Vanesa Blanco e Nerea Lage entraban na sétima, oitava e novena posición respectivamente. Por último, o cadete Miguel Ángel Sánchez finalizaba no posto duodécimo, cunha mellor marcha persoal de 30,33 minutos.

Todos estes marchadores estarán presentes na concentración de marcha da Federación Galega de Atletismo que se disputará en semana santa no entorno da praia da A Lanzada (Pontevedra).

1ª Xornada de Atletismo en Pista XOGADE

Gran actuación dos nosos atletas

Felipe Barata

O pasado domingo 22 de marzo tivo lugar nas pistas Gregorio Pérez Rivera de Lugo a 1ª Xornada de Atletismo do programa Xogade para as categorías benxamín, alevín e infantil, ademais dunha xornada de control para a categoría cadete, e na cal tomaron parte cerca de 30 atletas do club.

Na xornada dos infantís e alevíns, destacaba a tripla vitoria de Paula Piñón nas probas dos 80 metros valos, no lanzamento de xavelina e tamén no salto de altura. As súa compañeira de equipo Andrea Iglesias tamén era outra das protagonistas da xornada, ó levarse o triunfo nas probas do lanzamento de peso e tamén no lanzamento de disco. Cristian Santos dominaba a proba dos 3.000 metros lisos, ademais de gañar o triplo salto. Vitoria para David Fariñas na proba do salto de altura alevín e, por último, Juan Zas lograba finalizar tamén en primeira posición na proba dos 3.000 metros marcha.

Os segundos postos da xornada eran para Samuel Castedo na proba dos 220 metros vallas, para Jorge Santos no lanzamento de xavelina, Noel Villarábide, na proba dos 3.000 metros lisos, e para Andrea Fariñas, nos 3.000 metros lisos.

Por último, Martin Vran lograba a terceira posición no lanzamento de disco, mentres que Samuel Castedo quedaba terceiro na proba de triplo salto.

Xa na xornada de control dos cadetes, a destacar as vitorias de Pablo Piñón na proba de salto de altura, cunha mellor MMP de 1,60 metros, e tamén a de Adrián Lage nos 1.000 metros lisos, cunha MMP de 2,50 minutos. Pablo Piñón tamén finalizaba en terceira posición na proba dos 300 metros lisos. Por último, María Carballido era segunda nos 300 metros lisos e terceira na proba de salto de altura.

Lección de Jorge Mira: "A que distancia está o ceo?"

Nunha actividade programada polo Departamento de Ciencias Naturais, Jorge Mira, Catedrático de Electromagnetismo na Universidade de Santiago, ofreceu unha conferencia o pasado 26 de marzo no CPI. Dr. López Suárez de Friol, destinada ó alumnado de Secundaria, baixo o título “Historia da medida do tamaño do Universo”. O físico explicou de forma moi amena, e cunha linguaxe moi comprensible para o alumnado, os distintos métodos usados por algúns curiosos da humanidade para saber a que distancia estaba o ceo enriba de nós, desde a Antiga Grecia, cando a terra aínda era plana, ata os nosos días. A simple observación de sombras, paralaxes ou luminosidades das estrelas foron, tal como expuxo Mira, algúns dos sucesivos pasos que nos acercaban a unhas distancias que se nos escapan, e cada vez máis, nun Universo en expansión acelerada. Ó final, Mira levounos a unha humilde conclusión: cada vez somos máis pequenos.

"Drácula", obra de teatro en inglés para o alumnado de Secundaria.

Helena Rega

O pasado 17 de marzo, un grupo de 50 alumnos de Secundaria asistiron en Santiago de Compostela a unha obra de teatro en inglés. Despois duns minutos inquietantes, onde luces e sons nos levaron á afastada Transilvania, un Drácula moi próximo mesturouse co público facendo que todos participásemos dunha experiencia realmente inesquecible.

Riscos de Internet

Dentro do Plan Director par a convivencia e mellora da seguridade non Centros Educativos e as súas entornas, o pasado 25 de marzo tiveron lugar unhas charlas na Biblioteca do Centro, impartidas pola Garda Civil, baixo o título "Riscos de Internet". As charlas foron dirixidas ós grupos de Ensinanza Secundaria e 5º e 6º de Primaria, e nelas o alumnado, usuario habitual de Internet e da telefonía móbil, foi informado dalgunhas precaucións básicas que se deben ter no uso destes medios, e tamén de como actuar no caso de ser vítima dalgunha das principais ameazas: sexting, ciberbullying e grooming.

Música de cine

Nunha actividade organizada polo Departamento de Música, o alumnado de 3º e 4 de ESO viaxou a Santiago o pasado 23 de marzo para asistir ó espectáculo "Música de cine" ofrecido polo grupo L'Harmónica Invisible. Esta agrupación explicou nun concerto comentado as diferentes tipoloxías e funcións da música no cine, desde o cine mudo ata a década dos 80, sincronizando a interpretación en directo das máis coñecidas bandas sonoras dos distintos xéneros cinematográficos coas correspondentes escenas proxectadas.

Distribuir contido