Criterium Marcha Rentería

Marcos Burgo consegue a prata

Felipe Barata

Na localidade vasca de Rentería tivo lugar o pasado domingo 22 de marzo o Criterium de Marcha da Federación Española de Atletismo, na que estiveron presentes 5 marchadores do noso colexio. Grandes resultados de todos eles, destacando un excepcional podium a cargo de Marcos Burgo, que na categoría infantil lograba a segunda posición cun crono de 15,40 minutos, nunha proba moi disputada cun atleta catalán que se dilucidou nos últimos metros.

Pola súa parte, as nenas da categoría infantil seguen coa súa progresión, demostrando estar nun bo momento de forma. Así, Noelia Sánchez, Vanesa Blanco e Nerea Lage entraban na sétima, oitava e novena posición respectivamente. Por último, o cadete Miguel Ángel Sánchez finalizaba no posto duodécimo, cunha mellor marcha persoal de 30,33 minutos.

Todos estes marchadores estarán presentes na concentración de marcha da Federación Galega de Atletismo que se disputará en semana santa no entorno da praia da A Lanzada (Pontevedra).