Complementarias
Actividades Complementarias
Achéganse as activiades complementarias para o curso 2015/16 programadas polo centro e aprobadas polo Consello Escolar.
Magosto 2014
MAGOSTO 2014
1º Recollida das castañas.
Durante os días 10, 11 e 12 de novembro os/as alumnos/-as traerán dous puñados de castañas cada un, xa asinadas (beliscadas). En Primaria, o/a titor/-a levaraas ao despacho de Margarita; en Secundaria, os/as delegados/as encargaranse de recollelas e levalas ao despacho de Elena, á 1ª hora.
2º Ambientación.
Ao longo da semana, tanto os/as alumnos/-as de Educación Infantil e Primaria como os de ESO, coa axuda dos titores ou dos profesores de Plástica, tentarán crear un ambiente que faga sentir a chegada do outono, as súas cores, as colleitas (entre elas a castaña) e que nos prepare para a celebración do MAGOSTO.
Sería interesante elaborar algún mural que logo, o venres, poida ser trasladado ao patio como complemento da festa.
3º O magosto: Día 14 de novembro. Horario e actividades:
Þ 12:30 – III Cross do Magosto
Participan os alumnos/as de Infantil e Primaria. Os/as de ESO poderán presenciar as probas acompañados polo profesorado.
Þ 13:30 – Xantar (Infantil e Primaria)
O alumnado de ESO terá a última clase da mañá.
Þ 15:00 – Entrega de premios
Þ 15:30 – Degustación das castañas asadas
Þ 15:45 – Música tradicional
Þ 16:00 – Recoller e subida ás aulas
Nota: Recollemos máis suxestións no EDLG.
Storytelling
Enviado por Anónimo o Mar, 03/06/2014 - 16:39
Sesión de contacontos en inglés
O día 20 de maio a compañía de teatro “Face to face” estivo no noso centro. Realizaron dúas sesións: “Lost in Space”, para o alumnado de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria e “Abracadabra” para o Segundo e Terceiro Ciclo de Primaria.
Así se fai o mel
Enviado por Anónimo o Mar, 03/06/2014 - 15:54
Os nenos/as do primeiro ciclo tivemos a visita dun apicultor e as súas abellas.
Usamos tódolos nosos sentidos. Oímos as abellas, observámolas , as súas larvas, a abella raíña, as obreiras; tocamos tódolos aparellos do apicultor; ulimos o mel, a cera da abella para facer as velas e, por último, degustamos o mel
Festival do Entroido 2014
Enviado por Anónimo o Mar, 18/03/2014 - 11:13A Semana da Cociña Internacional Saudable e o I Concurso de Doces de Entroido configuraron o menú dunha semana de carnaval gastronómica, organizada polo Equipo Directivo, na que o Festival de Entroido 2014 puxo a guinda.
I Concurso de Doces de Entroido
Enviado por Anónimo o Lun, 17/03/2014 - 16:57
Fotos: José Ramón Castro
Os máis de setenta participantes certificaron o éxito do I Concurso de Doces de Entroido, celebrado no Polideportivo do Centro na mañá do venres 28 de febreiro.
Contacontos "O APALPADOR" na Bioblioteca
Enviado por Anónimo o Mér, 18/12/2013 - 07:32
O contacontos será escenificado por Ana López e Melanie Coedo.
Concurso de postais de Nadal
Enviado por Anónimo o Dom, 15/12/2013 - 17:19Postais presentadas polos alumnos e alumnas de Infantil e Primaria ó concurso no que se elixirá a postal de Nadal do Centro.
Día contra a violencia de xénero
Enviado por Anónimo o Xov, 12/12/2013 - 05:59Teresa Estévez
Celebramos o 25 de novembro: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero facendo dous murais co lema: “Ningún xénero de violencia”.