Semana de Samaín

...

Entre o 21 e o 30 de outubro a Biblioteca do Centro, ambientada cunha decoración temática, foi escenario da semana dedicada a Samaín, na que, como non podía ser doutro xeito, o medo foi protagonista.

Contacontos de medo, como "Corre, corre, cabaciña" e "Fiz o coleccionista de medos" aterraron, na voz e escenificación de Ana López e Melanie Coedo, a todo o alumnado de Primaria e Infantil. Igualmente, os máis pequenos de Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria tremeron coa proxección de "Lobo feroz", mentres que para o alumnado de Segundo e Terceiro Ciclo foi proxectada a terrorífica "Bruxa Regañadentes".

A Semana de Samaín completouse na Biblioteca cun concurso de calacús, nos que se puido comprobar a infinita imaxinación creadora dos alumnos e alumnas de tódolos cursos do Centro. Na seguinte presentación mostramos os calacús gañadores.

 

 Finalmente, Ana fixo un conxuro para liberar os nenos e nenas de Infantil dos medos xerados durante a Semana de Samaín.

Podes ver outro vídeo no Blog da Biblioteca.