Club de Ciencia

Visita aos Museos Científicos da Coruña

O alumnado de 6º de primaria do Clube de Ciencias visitou en xaneiro os Museos Científicos da Coruña. Alí puidemos compartir unha bonita xornada na que aprendemos moitas cousas. En primeiro lugar, estivemos na Casa das Ciencias, na que visitamos as súas exposicións e tamén puidemos gozar da proxección dun documental no Planetario.

 

A continuación fixemos a visita á Domus, no que ademais das súas actividades interactivas puidemos ver unha exposición sobre a evolución humana.

Por último, nesta intensa xornada, rematamos o día no Aquarium Finisterrae.

 

Benvidos ao Club de Ciencia

Aquí poderás atopar todas as actividades que se van realizando no Club de Ciencia  durante o curso 2022-2023

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer