blogue declubdeciencia
Ruta matemático-xeolóxica por Santiago e pinchos "científicos"
Enviado por clubdeciencia o Dom, 2023-06-11 21:22
Como remate das actividades do Club de Ciencia na Secundaria, decidimos organizar un roteiro matemático-xeolóxico en Santiago de Compostela.
Foi todo un desafio, e descubrimento, percorrer as entrañas de Compostela á busca dos misterios matemáticos e xeolóxicos que nos poda ofrecer.
Deste xeito aprendimos por qué moitos dos edificios de Santiago son simétricos, cómo calcular a área dunha elipse nasw xanelas de San Martiño Pinario, por qué as catenarias das cadeas do Hostal dos Reis Católicos son mellores que os arcos de medio punto, cómo calcular a altura da Berenguela facendo uso dun espello e unha cinta métrica, ou cómo se usou a proporción aúrea nalguns dos elementos arquitectónicos do Cabildo de Santiago.
Pola súa parte, tamén estudamos a composición do granito nos edificios, que factores afectaban ao seu deterioro, por qué a fachada da catedral está máis deteriorada pola cara das Platerias, cómo se descubriu a procedencia do granito das estatuas do Pórtico da Gloria, ou por qué as pedras da Plaza de Mazarelos nos falan de cando se formou o panxea.
Para rematar a xornada, decidimos ir tomar uns pinchos ao campos universitario, ao mesmo tempo que debatiriamos sobre cómo pode afectar a intelixencia artificial ás nosas vidas. Temos que confesar que a fame e os pinchos foron un duro rival incluso para a ciencia, polo que tivemos que deixar o debate científico para unha próxima ocasión.
Biodiversidade nas augas dos lavadoiros abandoados
Enviado por clubdeciencia o Dom, 2023-06-11 21:07
Unha das actividades que facemos no Club de Ciencia e estudar abiodiversidade dos lavadoiros traedicionais abandoados de Rois.
É unha actividade que consiste en traer mostras de distintos lavadoiros abandoados de Rois e observalas ao microscopio e intentar identificar os seres vivos que habitan neles.
A verdade é que a biodiversidade de especies e grupos taxonómicos é inmensa, e ao longo deste ano puidemos observar multitude de organismos: bacterias, protozoos de todas as clases, rotíferos, copépodos, ostrácodos, larvas de quironómidos, gusanos nematodos, larvas de insectos, diatomeas, algas filamentosas, bacterias, ovos de distintas especies, e un largo etcétera, que paseniñamente fomos identificando, fotografando e catalogando nun amplo estudo sobre estes peculiares ecosistemas.
Sen dúbida, o ano que ven continuaremos.
Volcáns con dicromato de amonio
Enviado por clubdeciencia o Dom, 2023-06-11 21:07- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »