Proxecto "Pica pica"

 

 
Ao comezo de curso tivemos un pequeno problema: o patio de saida dos edificios estaba cuberto por abundantes excrementos de pega. Como durante o día as pegas non están nese sitio, decidimos por unha camara nocturna de videovixiancia e así poder estudar a poboación.

Para tal fin programamos a cámara para que grabara entre as 20h e as 8h do día seguinte, periodo no cal non hai actividade escolar.

Despois de varias semanas recopilando imaxes, poidemos ver que sobre un cable ancho nesa zona había un durmidoiro de pegas, pero ademais comprobamos que este durmidoiro se espallaba por outras vigas adxacentes e incluso pola canaleta do edificio de administración. Chegamos a contar máis de 25 exemplares e posiblemente pasen dos 30.

A idea inicial era colocar neste cable elementos disuasorios para evitar que se pousaran e ensuciaran o patio, pero dado que, como comprobamos, as pegas usan tamén outras pousadoiros non solucionariamos nada pois simplemente cambiarían de sitio.

Como as vigas e canaletas que poden usar como durmidoiro son numerosas, a tarefa resulta considerable e de facerse  tería que ser abordada ou ben dende o concello ou ben dende dirección contratando a un profesional para facer o traballo.

Outra solución máis a man é ser "ecofriendly" e aprender a convivir amiogablemente coas deposicións das nosas queridas amigas e de vez en cando que algún voluntario ou o propio concello pase a hidrolimpiadora.

AdxuntoTamaño
pegas.mp474.08 MB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer