ANPA
Accións para mellorar atención á diversidade para Inspección
MELLORA NA ATENCIÓN Á DIVERSIDADE FUNCIONAL!!
Necesitamos o teu apoio….
Prezada comunidade educativa,
Na reunión mantida o mércores 19 de xuño, as familias decidimos realizar accións conxuntas para
esixir recursos de apoio ao alumnado do CPPI dos Dices á Consellería de Educación, Universidade e
Formación Profesional da Xunta de Galicia. Para iso, na maior brevidade posible, propuxemos
realizar as seguintes accións:
1.‐ Presentar un escrito individual mediante rexistro de entrada no colexio informando da situación
dos nosos fillos e a necesidade de apoio educativo (formulario no centro ou:
http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidosdices/taxonomy/term/88 )
2.‐ Presentar un escrito individual dirixido a Inspección Educativa (Subdirección Xeral de
Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo; Consellería de Educación, Universidade e
Formación Profesional) mediante rexistro de entrada na Xunta ou no propio Concello de Rois.
Informarase sobre a situación dos nosos fillos e a necesidade de apoio educativo. Aqueles casos que
o consideren, incluirán, se o teñen, o diagnóstico dun especialista e poderán achegar copia do
informe para maior xustificación da necesidade de recursos [Modelo de escrito: podedes solicitalo
por mail (anpasanisidro@gmail.com), descargalo no noso Facebook
(https://www.facebook.com/anpadicesrois/) ou espazo ANPA da páxina web do colexio
(http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidosdices/taxonomy/term/14)].
3.‐ Unha vez presentada a solicitude individual a Inspección Educativa, aquelas familias que o
consideren, farán chegar unha copia completa do escrito con rexistro de entrada para que a ANPA
poida enviar unha solicitude conxunta con información aportada polas familias. Pódesenos facer
chegar vía Whatsapp (658‐978726), correo electrónico (anpasanisidro@gmail.com) ou mediante
entrega persoal da copia. Prazo máximo de envío á ANPA: Mércores 10 de xullo.
4.‐ Desde a ANPA realizarase un escrito informando de forma conxunta da carencia de apoio de
persoal profesional para atender ao alumnado, achegando ademais copia individualizada de cada
escrito que cada familia nos faga chegar.
5.‐ Recolleranse firmas de toda a comunidade educativa apoiando a solicitude anterior. Podedes
firmar a folla de apoio no Multiusos (horario de mañá) ou na tenda de roupa en fronte ao concello.
Se queredes participar recollendo firmas, pódese recoller copia do modelo da folla de firmas en
ditos lugares, solicitala por mail (anpasanisidro@gmail.com), descargala no noso Facebook
(https://www.facebook.com/anpadicesrois/) ou espazo ANPA da páxina web do colexio
(http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidosdices/taxonomy/term/14) e devolvérnola cuberta.
Prazo máximo de recollida de firmas: Mércores 10 de xullo.
Necesitamos a túa colaboración!!.
PARA CALQUERA CONSULTA OU AXUDA DURANTE ESTE PROCEDEMENTO NON DUBIDES EN
CONTACTAR COA ANPA: 658‐978726, anpasanisidro@gmail.com
Enquisa actividades extraescolares 2018/19
PROPOSTA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
CURSO 2018 / 19
Estamos estudando con varias empresas a oferta de actividades extraescolares da Anpa para o vindeiro curso, e para iso queremos consultar coas familias cales serían do voso interese. Por iso agradecemos a vosa colaboración cubrindo o seguinte cuestionario, a partires do cal elaboraremos a proposta definitiva.
En que actividades extraescolares desta listaxe estarías interesad@?
□ Predeporte (Infantil)
□ Multideporte (Primaria)
□ Ximnasia rítmica
□ Zumba
□ Deportes de raqueta
□ Debuxo e pintura
□ Ballet
□ Urban Dance
□ Cociña
□ Informática e novas tecnoloxías
□ Xadrez
□ Fotografía
□ Ioga
□ Ciencias experimentais
□ Teatro en inglés
□ Hip hop
□ Robótica, deseño de videoxogos e impresión 3D. Método Rockbotic * ( https://rockbotic.com/ ) (6ª infantil e Primaria)
□ Nenoos 360 * ( http://www.nenoos.es/es/programas ) (Infantil e Primaria)
□ Nenoos Emprendedores * ( http://www.nenoos.es/es/programas ) (Infantil e Primaria)
□ Piscina Padrón
□ Piscina Brión
OBSERVACIÓNS:
*Tanto Nenoos coma Rockbotic están dispostos a organizar unha sesión informativa no centro para as familias.
Os horarios e prezos determinarémolos unha vez coñezamos o número de interesad@s. Tentaremos que as clases sexan a continuación do comedor, como ata o de agora, excepto as piscinas. A Anpa descontará unha porcentaxe do custo das actividades ás familias socias.
AGRADECÉMOSVOS QUE DEVOLVADES O CUESTIONARIO CUMPRIMENTADO AO TITOR / A DO VOSO FILLO/A ATA 4 DE XUÑO.
NO CASO DE TER VARIOS FILLOS-AS NO CENTRO, UN CUESTIONARIO POR NENO/A
Charla informativa sobre as reválidas
A finais deste mes de maio terán lugar as avaliacións ao alumnado de 3º de Primaria, 6º de Primaria e 4º da ESO, as coñecidas reválidas da LOMCE. Desde a Anpa organizamos unha charla informativa na que dúas técnicas da Federación Galega de ANPAs Compostela explicarán en qué consisten, a que cursos afectan, a súa repercusión, as opcións que se poden tomar e resolverán tódalas dúbidas que teñades ao respecto.
A charla está aberta ás familias dos cursos afectados e a calquera membro da comunidade educativa interesado ao respecto.
Día: Venres 18 maio 2018
Hora: 20:00
Lugar: Aula CPI dos Dices - Rois
- APIs de Blogue
Páxina de Facebook da Anpa San Isidro do CPI dos Dices
Lembrade que podedes mantervos ao día sobre a nosa actividade seguindo a nosa páxina de Facebook.
Buscade a páxina "ANPA San Isidro CPI dos Dices" en Facebook e premede no recadro "Me gusta"
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »